miércoles, 24 de enero de 2007

Valdoviño e a súa riqueza

Unha das maiores riquezas de Valdoviño é, sen dúbida, a súa paisaxe. A explotación dos recursos de solo e turísticos debe ser feita tendo en conta o mantemento da nosa privilexiada natureza.

Preservar esa riqueza fai que todo o contorno, o concello teña máis valor dende calquer punto de vista.

O paseo de madeira sobre a praia. O derribo do edificio da Rotonda e a limpeza do litoral, a construcción de edificios que non perxudiquen ao entorno. A inversión en comprar por parte de Costas terreos para que non se constrúa, e a tan esperada segunda vía de acceso a praia da Frouxeira son as accións que se estan a facer. É unha gran inversión que fará de Valdoviño un lugar aínda mais fermoso.

Moitas grazas.

No hay comentarios: