viernes, 19 de enero de 2007

A prevención no mundo das drogas

Un dos principais problemas que nos preocupan e a o que nos enfrontamos é as drogas.
A Deputación puxo en marcha o Plan Provincial de Prevención de Toxicomanías. O programa finalizará o próximo mes de marzo e desde o seu inicio, máis de mil mozos de concellos da Coruña e Ferrol participan nos talleres de lecer alternativo promovidos polo organismo que preside Salvador Fernández Moreda.
Na comarca de Ferrol, o plan estase desenvolvendo nos concellos de Ferrol, Ares, Cedeira, Fene, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño, e o investimento ascende nestes municipios a 25.000 euros.
Consiste nunha serie de actividades alternativas dirixidas a mozos de entre 11 e 17 anos que cursan de 1º a 4º da ESO e que se puidesen desenvolver nos centros educativos. Os materiais gráficos e audiovisuales elaborados se recopilarán e converteranse nunha guía de prevención de toxicomanías que os centros poderán utilizar, axudando así á formación do profesorado nesta materia. A resposta a estas actividades está sendo moi boa e as máis demandadas son as de graffitis e hip hop.
A través delas poden adquirir ferramentas e habilidades sociais para identificar as causas que levan a consumir drogas e ter máis capacidade para decri non.
María Xesús Aradas, traballadora social e técnica coordinadora do Plan, explicou que a elaboración dun plan comunitario pretendía contar con profesionais especializados que puidesen abordar este problema desde unha óptica global, "xa que ou problema dás toxicomanías non é exclusivo da xente moza senón que corresponde a toda a sociedade afrontar ou problema".

Estanse desmontando redes de tráfico, detendo a traficantes e decomisando miles de kg. de droga, pero a prevención e dar ferramentas aos novos para que sepan decir non e fundamental.

Moitas grazas.

No hay comentarios: