lunes, 8 de enero de 2007

Feitos

Estimad@s veciñ@s:

O pasado fin de semana estaba cuns amigos, unha parexa que son pais dun rapaz e dunha rapaza de vintepoucos anos. E, preguntándolles cales eran as preocupacións mais grandes que tiñan respondían que, con respecto aos fillos, o traballo e que nos lles pasara nada na carretera. Parecéronme unhas preocupacións moi lóxicas.

Ó día seguinte pensei no que o goberno actual esta facendo nesos temas. Con respecto ao traballo estamos conseguindo que cada vez haxa menos paro e mais xente traballando, e ademais, que sexa un traballo de calidade e indefinido, cun crecemento do 36,8% sobre o ano anterior.

E co tema da seguridade nas carreteras, grazas a introducción do carné por puntos, nestas Navidades pasamos de mais de 180 mortos a menos de 120, pese a que estaban nas estradas un millón de vehículos mais que o ano pasado.

Todavía queda por facer, pero as cifras estan sendo boas. Grazas a tod@s.

No hay comentarios: