miércoles, 29 de febrero de 2012



No pasado pleno do día 17 o grupo municipal socialista presentou varias mocións entre as que destacan:

-Moción sobre a modificación dos criterios das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de colaboración financiados pola Xunta de Galicia, xa que o goberno de Feijoo estivo a facer nestes dous últimos anos unha demostración de política clientelar e arbitraria que responde a fins políticos en lugar de facelo en función  do número de parados, respetando a proporcionalidad do número de parados de cada Concello.
Esta moción foi aprobada cos votos a favor do BNG,CG e UpV; votando en contra o PP e CENVAL.

-Moción sobre o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública.
Esta moción foi rechazadsa cos votos en contra do PP, CENVAL e Converxencia Galega.

-Moción para   Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello.
 Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellería de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

No hay comentarios: