lunes, 20 de febrero de 2012




I CONCURSO DE DEBUXO DO PSDEG-PSOE CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.


BASES DO CONCURSO:



I Concurso de Debuxo do Psedg- Psoe Valdoviño
Oito de marzo. Día Internacional da Muller Traballadora.O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.

A Agrupación Municipal Socialista, pon en marcha o: I Concurso de Debuxo do Psedg- Psoe Valdoviño: O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.
O Obxectivo é a concienciación e sensibilización de todos e todas, en favor da defensa dos valores de igualdade, xusticia, liberdade e solidariedade entre homes e mulleres, que son iguais, sen dúbida de ningún xénero.

A través desta comunicación, queremos animar a todos os sectores da nosa sociedade a participar nesta actividade. Estamos nun momento no que se fai indispensable dispoñer dun modelo social que favoreza a igualdade, xusticia, liberdade e solidariedade. A través destas actividades podémonos concienciar de que é posible crear una sociedade máis xusta e igualitaria.
Esperando que, esta actividade sirva coma motivación para todos e todas, e conseguir así o obxectivo do 8 de marzo, é decir, consolidar os nosos dereitos para conseguir unha igualdade real, animamos a todos e todas, a que participedes nesta actividade, e fagades extensiva esta iniciativa de participación a todos e todas, que poidan estar interesados.


O CERTAME:BASES DO CONCURSO I Concurso de Debuxo do Psedg- Psoe Valdoviño
Oito de marzo. Día Internacional da Muller Traballadora.O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.

TEMA: Debemos tratar calquer aspecto que conciencie da igualdade, xusticia, liberdade e solidariedade entre homes e mulleres, cunha perspectiva histórica relacionada có noso pobo e etorno más próximo, tanto familiar, local, social.

DIRIXIDO A: Todos os veciños e veciñas do Concello de Valdoviño, sempre e cando estén empadroados, particularmente ós alumnos e alumnas do CPI de Atios, alumnos e alumnas dos CRA, Asociacións culturais, deportivas e de veciños, e en xeral, a todos os sectores da sociedade de Valdoviño.

FORMATO: Os traballos presentaránse en cartulina ou folio A4, sendo libre a elección da técnica e ferramentas a utilizar. (Excluídas as informáticas e a técnica collage).

NÚMERO: O número máximo de obras por participante será de unha.

FORMA DE ENTREGA: No reverso de cada obra se pegará un sobre pechado, no que se farán constar, todos os datos do boletín de inscripción (documento adxunto 1), así coma a autorización preceptiva dos menores de idade (documento adxunto 2).

LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: Os traballos entregaranse no Local da Agrupación Socialista de Valdoviño, todos os venres de 16:00 a 20:00 horas, dende o 02 de marzo de 2012. A data límite para a recepción dos traballos, será ata o 30 de marzo de 2012. Unha vez realizado o fallo do xurado, os traballos quedarán en poder da Agrupación Socialista, podendo retirase o 21 de abril de 2012, de 16:00 a 20:00 horas, da sala de exposicións da Casa da Cultura, pasada a data serán destruidos.
Os traballos realizados polos alumnos e alumnas do CPI de Atios, serán entregados no propio centro educativo, e posteriormente serán recollidos pola persoa designada polo presidente do xurado para a súa valoración. Igual proceso se seguirá para os traballos realizados polos alumnos e alumnas dos CRA, sendo o lugar de entrega neste caso, os propios CRA.
Os traballos realizados polo resto de participantes, poderán ser entregados tamén, nas sedes das distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do noso Concello e posteriormente serán recollidos pola persoa designada polo presidente do xurado para a súa valoración.

PREMIOS: Estableceránse catro categorías:

  • De 3 a 7
  • De 8 a 12
  • De 14 a 18
  • De 18 en adiante

En cada categoría se concederán un 1º premio. Os premios consistirán nun lote de libros.

CRITERIOS DE VALORACIÓN: O xurado considerará os seguintes criterios: - Concienciación - Orixinalidade - Creatividade – Calidade e expresividade.

COMPOSICIÓN DO XURADO: O xurado estará formado polas seguintes persoas:
  • Representante da Agrupación Municipal Socialista.
  • Directora do CPI de Atios.
  • Traballadora Social do Concello de Valdoviño.
  • Persoeiro representativo do mundo artístico.
  • Licenciada en Psicoloxía.

A presidencia do xurado que corresponderá ó Representante da Agrupación Municipal Socialista, e poderá resolver os aspectos non previstos nestas bases.

O fallo do xurado será inapelable, é se producirá o martes 10 de abril de 2012, e darase a coñecer por vía telefónica nos días posteriores.
ADXUDICACIÓN DOS PREMIOS: A entrega de premios realizarase o día 14 de abril de 2012, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, as 20:00 horas, onde estarán expostos todos os debuxos participantes, ata o 21 de abril.

Para máis información póñanse en contacto con: Agrupación Municipal Socialista: 605855446-608642246 ou no correo psdg.psoe.valdovino@gmail.com

A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO IMPLICA A ACEPTACIÓN DESTAS BASES


  
(documento adxunto 1), BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN. Estos datos non serán utilizados para ningún fin alleo ó concurso.


Titulo da obra: ………………………………………………………………………………………………..
Nome do autor/a: ………………………………………..
Teléfono: ……………………………………….
Dirección:
Correo electrónico:
Idade:
Nivel educativo: ……………………………
Centro Educativo: ……………………………………………

Copie ou pegue debidamente o cumplimentado ó dorso de cada obra que concurse.



(documento adxunto 2), AUTORIZACIÓN MENORES DE IDADE

Don/Dona                                                 , con DNI,                 autorizo o meu fillo/a a participar no I Concurso de Debuxo do Psedg- Psoe Valdoviño, Oito de marzo. Día Internacional da Muller Traballadora.O rostro dunha muller debe estar acuñado pola súa propia historia”.

Data e Firma







 PODEDES POÑEROS EN CONTACTO CON NÓS NOS SEGUIENTES ENLACES:

psdg.psoe.valdovino@gmail.com
mariadolorescastrogonzalez@gmail.com
cuquilago@hotmail.com

















No hay comentarios: