sábado, 12 de mayo de 2007

Presentación do equipo

Alberto González Fernández será o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Valdoviño

Arqueólogo e presidente do Consello Rector da Cooperativa de Lago, presentará este venres unha lista renovada e paritaria

Valdoviño, 17 de abril de 2007.

Alberto González Fernández encabezará a lista dos socialistas en Valdoviño. Arqueólogo de profesión e presidente do Consello Rector da Cooperativa de Lago dende hai tres anos, decidiu dar o salto á primeira liña política polo seu compromiso coa localidade: “Quero traballar por conseguir un crecemento ordeado, sostible e de calidade para Valdoviño, que convirta ao pobo nun lugar atractivo e cómodo para vivir”.

O candidato socialista presentará este venres, 20 de abril, a partires das 21 horas, a lista coa que concorrerá aos comicios de maio. Será nun acto na Casa da Cultura, onde intervirán o presidente de Portos de Galicia e candidato do PSOE en Ferrol, Vicente Irisarri Castro; a parlamentaria galega Beatriz Sestayo, e o deputado Xavier Carro. Pechará o acto González Fernández dando paso aos integrantes do seu equipo, caracterizado pola renovación, a xente nova, a paridade e a representación das parroquias.

Alberto González, de 39 anos e residente na parroquia de Lago, avanzou os primeiros postos da lista, nos que tan só repite un concelleiro, Benito Vega, no número tres. Dolores Castro, da parroquia de Valdoviño, ocupará o número dous; Rosana García, de Pantín, o catro; Alejandro Sevilla, de Meirás, o cinco, e Ángeles Senra, de Vilarrube, o seis. O candidato socialista tamén desvelou que a ex alcaldesa Elisa Garrido formará parte do equipo que presentará este venres.

No hay comentarios: