domingo, 13 de mayo de 2007

O equipo do PSOE para Ferrolterra e Ortegal

O PSOE renova en máis do 70% as súas listas nos concellos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal

Acompañada polos alcaldables socialistas, Beatriz Sestayo entregou na Xunta Electoral as candidaturas do partido xudicial

Ferrol, 21 de abril de 2007.

A deputada autonómica Beatriz Sestayo, representante do PSOE no partido xudicial de Ferrol ante a Xunta Electoral, destacou hoxe que os socialistas presentan unhas listas cun grao de renovación superior ao 70% con respecto aos pasados comicios municipais. Acompañada polos alcaldables socialistas, a parlamentaria galega entregou esta mañá na Xunta Electoral emplazada no Palacio de Xustiza de Ferrol as candidaturas do seu partido nos dezaoito municipios das comarcas de Ferrolterra e Ortegal. Entre os cabeza de cartel que acudiron á cita estaba Vicente Irisarri, por Ferrol; Iván Puentes, por Fene; Julio Iglesias Redondo, por Ares; Catalina García; por Narón; Carlos Pita, por Neda; Valentín Formoso, por As Pontes; Alberto González, por Valdoviño; José Luis Vergara, por Cedeira; María José Cabana, por Cabanas, e Juan Fernández, por Mugardos, entre outros.

Beatriz Sestayo e Iván Puentes, secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Ferrolterra, apuntaron que esa renovación das listas tamén atañe a nove dos trece alcaldables de Ferrolterra (incluíndo a Pontedeume) e a tres dos seis do Ortegal. Nesta liña, indicaron que a xuventude é outra característica dos candidatos, onde a media de idade se sitúa nos 45 anos. Destacaron que o acto de hoxe vén a culminar o proceso de elaboración de listas. Un proceso que definiron como aberto, transparente e plural, rexido polo absoluto respeto á democracia interna. Este último, un compromiso da Comisión Executiva Comarcal. Indicaron que, así, foron os militantes de cada concello os que elixiron democraticamente aos seus candidatos e ás súas candidaturas. Unha seña de identidade do PSdeG-PSOE da que non poden facer gala outras formacións, engadiron.

Ámbolos dous políticos destacaron que o PSOE presenta lista nos dezaoito concellos do partido xudicial, integrada en tódolos casos cos veciños de cada municipio. Asemade, explicaron que as listas son paritarias, en moitos casos por riba do esixido legalmente como mínimo.


En definitiva, Sestayo e Puentes subraiaron que se presenta un partido completamente renovado e adaptado aos novos tempos, tal e como reza o lema da súa precampaña, e máis fortalecido e unido que nunca. Así as cousas, remarcaron que o PSOE está preparado para gobernar en cada un dos concellos de Ferrolterra e Ortegal e asumir os desexos de cambio da poboación que reflicten tódalas enquisas. Deste xeito, concluíron que a meta dos socialistas será gobernar máis concellos e con máis poboación para atraer a Ferrolterra e Ortegal o cambio que tivo lugar en España e en Galicia con Rodríguez Zapatero e Pérez Touriño e contribuír decisivamente ao mantenemento do Goberno de esquerdas na Deputación provincial de A Coruña.

No hay comentarios: