lunes, 21 de mayo de 2012


                                             

COMUNICADO DE PRENSA

 Gabinete de Comunicación PSdeG Valdoviño

psdg.psoe.valdovino@gmail.com
r/Puerta del Sol
Valdoviño-649.34.75.60              



Valdoviño, 20 de maio de 2012

O PSdG de Valdoviño criticou no pasado pleno do día 18 que o Concello non fixera ningunha alegación ao decreto da Xunta sobre a protección da píllara das dunas e da escribenta das canaveiras pola repercusión que pode ter para o noso Concello en determinados espazos ou na celebración de eventos como o Pantín Classic, alegacións que si foron presentadas polo PSdG.

Tamén reclamou unha participación máis activa por parte da Concelleira de Educación no referente aos 12 nenos que quedarían sen praza no CPI de Atios,quen ademais afirmou no pleno anterior que xa estaba o problema resolto.

A mala xestión do grupo de goberno maniféstase tamén noutros aspectos como o de non ter iniciado aínda o procedemento de contratación para o servicio de socorrismo nas nosas praias este verán.

O grupo de goberno manifestou ademais o seu total descoñecemento sobre o convenio asinado o pasado 7 de maio entre o Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación e a Xunta de Galicia para as actuacións de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de Desnvolvemento Rural Sostible , convenio que se asina cun retraso de dous anos porque a Xunta retrasou a aprobación dos plans de zona e apenas terá impacto no conxunto da Comunidade por falta de disponibilidade orzamentaria.
Este Plan prevé no noso Concello 320.000€ na actuación evento turístico – deportivo Pantín Classic.
O PSdG fixo propostas no pleno sobre as actuacións que poderían levarse a cabo, como poden ser a mellora de accesos á praia, mellora de accesos para peóns, adecuación de espazos para autocaravanas, mellora do patrimonio natural e cultural do entorno, mellora de telecomunicacións, implantación da oficina de información ou actuacións de divulgación e realización de actividades paralelas de coñecemento de recursos próximos como cursos nas Forcadas.

Neste pleno o grupo municipal socialista presentou unha moción por vía de urxencia sobre a modificación e incorporación das ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga e da rede de sumidoiros. Esta moción foi presentada no Concello por rexistro o día 3 de abril solicitando o preceptivo informe de intervención e o seu paso pola Comisión correspondente, pero o Sr. Alcalde non a incorpora ao pleno deixando patente a súa indiferencia cara a mellorar a repercusión económica sobre as familias e as empresas do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun consumo real.
Por último, o PSdG volve a reiterar como en plenos anteriores que se cubra a praza vacante de Policía Local.

No hay comentarios: