El PSOE exige que se informe del coste de las actuaciones
La secretaria de Medio Ambiente del PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, critica la improvisación y desidia mostrada por el gobierno gallego durante su actuación en Valdoviño y exigirá en el Parlamento de Galicia que la Xunta informe sobre el coste de las actuaciones realizadas en A Frouxeira durante el último mes.
En una nota publicada por su partido, Gallego denuncia que "mentres a Xunta decidía que facer ante as reiteradas inundacións que os veciños levan sufrindo dende hai dous meses, finalmente foi a natureza a que fixo o que había que facer, desaugando a lagoa de xeito natural”. Además la parlamentaria recuerda que el PSOE había solicitado en varias ocasiones el acceso a los informes que han avalado las actuaciones, pero "dado que non se nos entregan, deducimos que en realidade non existen”.
Gallego exige que “de xeito inmediato se proceda a retirar da zona toda a maquinaria, e que se restaure o dano causado”.
Adxuntamos a nota de Carmen gallego.
Gallego esixe á Xunta que informe sobre o custo das actuacións da Lagoa da Frouxeira
Gallego criticou que “a improvisación e desidia” amosada polo Goberno galego para resolver este problema levou a que finalmente tivese que ser a propia natureza a que solucionase a situación.
“Isto pon de manifesto que o Goberno galego foi todo o tempo a remolque e se viu sobrepasado polos acontecementos, evidenciando a súa incapacidade e falla de previsión e de reacción”, sinalou.
“Mentres a Xunta decidía que facer ante as reiteradas inundacións que os veciños levan sufrindo dende hai dous meses, finalmente foi a natureza a que fixo o que había que facer, desaugando a lagoa de xeito natural”, apuntou.
Así, despois de que a Xunta trasladase diversa maquinaria que finalmente non foi necesario utilizar, Gallego esixiu que “de xeito inmediato se proceda a retirar da zona toda a maquinaria, e que se restaure o dano causado”.
Así mesmo, avanzou que os socialistas galegos esixirán explicacións no Parlamento sobre o custo destas actuacións “que se realizaron con fondos públicos e que finalmente non tiveron ningún resultado práctico nin solucionaron a situación dos veciños e veciñas afectados”.
Lamentou por elo este novo exemplo dunha “mal entendida austeridade” do Goberno galego “que mentres predica a necesidade de realizar recortes, toma decisións alegremente, como neste caso, con ningún resultado e cun un custe para todos os galegos e galegas”.
Gallego tamén criticou que a Xunta “utilizase como escusa para retrasar a súa intervención a necesidade de contar con informes técnicos, mentres que despois decidiu actuar sen ter ditos informes”.
Lembrou ademais que o PSdeG solicitou xa en reiteradas ocasións ter acceso a estes informes técnicos “pero dado que non se nos entregan, deducimos que en realidade non existen”.
Por último, demandou ao Goberno galego que abandone a súa desidia e que elabore todos os informes necesarios sobre a situación da Lagoa da Frouxeira a fin de atopar unha solución á problemática das inundacións e para evitar que situacións como a que sufriron os veciños e veciñas da zona nestas semanas se volvan a producir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario