jueves, 12 de febrero de 2009

Empleo

Na primeira etapa do cambio, asináronse 100.000 contratos indefinidos máis que co último goberno do PP.
Grazas ao diálogo social tivemos o período con menos folgas de toda a historia.

DATOS DA EPA (Enquisa Poboación Activa)
Agora a taxa de paro sitúase en Galicia no 9,74%. Cando o PP deixou o poder en Galicia era do 11,1%.
A media estatal sitúase no 13,91%. Máis de 4 puntos superior a Galicia.

AFILIACIÓN MEDIA Á SEGURIDADE SOCIAL. Fonte: Ministerio de Traballo (3.2.09)
No mes pasado, xaneiro de 2009, Galicia contaba con 1.035.207 afiliados, cunha variación negativa interanual do –3,38%, mentres que a nivel estatal situábase no –5,11%.
Cando o PP deixou o poder, en Galicia o dato de afiliación ascendía a 993.660 persoas, polo que o diferencial é de 41.574 afiliados, un 4,2% superior agora.

POBOACIÓN OCUPADA
Cando o PP deixou o poder a poboación ocupada en Galicia era de 1.130.000 persoas, mentres que na actualidade (4º trimestre do 2008, a peor serie de todo o ano) era 1.195.000 persoas, é dicir, unha diferenza de máis de 65.100 novos ocupados, cun aumento do 5,76% con respecto a aquela data.


ORZAMENTOS PARA O ANO 2009 EN GALICIA
O incremento na área de emprego foi do 11,3%. Foi a que máis incrementou o orzamento con respecto ao ano anterior.

SALARIOS. Fonte INE (9.12.08)
Con respecto ao ano 2005, os salarios galegos melloraron no sentido que o diferencial ca media do Estado descendeu. De representar o salario medio galego no 2005 o 83,64% do Estado, para supoñer no 2006 (últimos datos) o 86,43%, grazas a un aumento interanual en Galicia do 8,89%, mentres que para o conxunto do Estado foi do 5,83%.

SEGUNDA ETAPA DO CAMBIO


NA SEGUNDA ETAPA DO CAMBIO O NOSO PRINCIPAL OBXECTIVO SERÁ O EMPREGO. O NOSO PRINCIPAL OBXECTIVO SERÁN OS TRABALLADORES, AS PERSOAS.
Manteremos a taxa de paro dous puntos por debaixo da media de España.
Lograremos que o 75% dos postos de traballo sexan estables.
Triplicaremos o apoio financeiro ás empresas, especialmente ás pequenas e ás medianas para crear postos de traballo.
Dicimos NON ao abaratamento do despido que propón o PP.
Dicimos NON á reforma do mercado laboral que propón o PP.

No hay comentarios: