lunes, 21 de mayo de 2012


                                             

COMUNICADO DE PRENSA

 Gabinete de Comunicación PSdeG Valdoviño

psdg.psoe.valdovino@gmail.com
r/Puerta del Sol
Valdoviño-649.34.75.60              



Valdoviño, 20 de maio de 2012

O PSdG de Valdoviño criticou no pasado pleno do día 18 que o Concello non fixera ningunha alegación ao decreto da Xunta sobre a protección da píllara das dunas e da escribenta das canaveiras pola repercusión que pode ter para o noso Concello en determinados espazos ou na celebración de eventos como o Pantín Classic, alegacións que si foron presentadas polo PSdG.

Tamén reclamou unha participación máis activa por parte da Concelleira de Educación no referente aos 12 nenos que quedarían sen praza no CPI de Atios,quen ademais afirmou no pleno anterior que xa estaba o problema resolto.

A mala xestión do grupo de goberno maniféstase tamén noutros aspectos como o de non ter iniciado aínda o procedemento de contratación para o servicio de socorrismo nas nosas praias este verán.

O grupo de goberno manifestou ademais o seu total descoñecemento sobre o convenio asinado o pasado 7 de maio entre o Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación e a Xunta de Galicia para as actuacións de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de Desnvolvemento Rural Sostible , convenio que se asina cun retraso de dous anos porque a Xunta retrasou a aprobación dos plans de zona e apenas terá impacto no conxunto da Comunidade por falta de disponibilidade orzamentaria.
Este Plan prevé no noso Concello 320.000€ na actuación evento turístico – deportivo Pantín Classic.
O PSdG fixo propostas no pleno sobre as actuacións que poderían levarse a cabo, como poden ser a mellora de accesos á praia, mellora de accesos para peóns, adecuación de espazos para autocaravanas, mellora do patrimonio natural e cultural do entorno, mellora de telecomunicacións, implantación da oficina de información ou actuacións de divulgación e realización de actividades paralelas de coñecemento de recursos próximos como cursos nas Forcadas.

Neste pleno o grupo municipal socialista presentou unha moción por vía de urxencia sobre a modificación e incorporación das ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga e da rede de sumidoiros. Esta moción foi presentada no Concello por rexistro o día 3 de abril solicitando o preceptivo informe de intervención e o seu paso pola Comisión correspondente, pero o Sr. Alcalde non a incorpora ao pleno deixando patente a súa indiferencia cara a mellorar a repercusión económica sobre as familias e as empresas do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun consumo real.
Por último, o PSdG volve a reiterar como en plenos anteriores que se cubra a praza vacante de Policía Local.

 Neste pleno o grupo municipal socialista presentou unha moción por vía de urxencia sobre a modificación e incorporación das ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga e da rede de sumidoiros. Esta moción foi presentada no Concello por rexistro o día 3 de abril solicitando o preceptivo informe de intervención e o seu paso pola Comisión correspondente, pero o Sr. Alcalde non a incorpora ao pleno deixando patente a súa indiferencia cara a mellorar a repercusión económica sobre as familias e as empresas do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun consumo real.


Alberto González Fernández, voceiro do PSdeG-PSOE do Concello de Valdoviño, ao amparo do disposto Reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, presenta ante este pleno, a seguinte MOCIÓN en base a seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 3 de abril de 2012 o Grupo Municipal socialista presentou no rexistro do Concello unha moción de modificación e incorporación das ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga a domicilio e da rede de sumudoiros, xunto cun escrito solicitando o seu preceptivo informe pola intervención municipal e paso pola Comisión correspondente.

A citada moción non foi presentada a pleno de abril polo Sr.Alcalde nin se incorpora a este, comprobándose deste xeito a total indiferencia que tén cara a mellorar a repercusión económica sobre as familias do consumo da auga e uso de sumidoiros baseados nun consumo real, tal e coma sinalan as recomendacións europeas.

A esto é necesario engadir que en ningún momento o Grupo de Goberno do PP deu explicación algunha sobre ás razóns de por qué as obras executadas ao amparo dos Plans Especiais de Inversión do Goberno do Estado, e en especial sobre ás de infraestruturas de saneamento e abastecemento, xa pagadas, nunca foran postas en servizo, coma reflicte a pregunta escrita realizada polo PSdeG-PSOE no pleno anterior e que aínda non foi contestada.

Porén consiredamos que é necesario tratar este tema de xeito urxente, dado o nulo interés do SR. Alcalde.

Coma xa sinalábamos na moción presentada en abril o pasado mes de outubro o Sr. Alcalde do noso Concello presentou, e logo retirou do pleno extraordinario previamente convocado ao efecto os

PROXECTOS DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLO SUMINISTRO DE AUGA A DOMICILIO E DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA REDE DE SUMIDOIROS.

Segundo a memoria presentada as novas tarifas propostas deberían ter en conta os volúmes reais consumidos polos usuarios e que a estrutura das tarifas inciten a fomentar un uso eficiente dos recursos hídricos, tal e coma sinala a Directiva Marco da Auga, Directiva 2000/60/CE, que promove a xestión e o uso sostible da auga, introduce o principio de recuperación de custes, incluídos os ambientais, na xestión da auga, propoñendo programas de medidas para conseguilo, incluíndo a utilización dunha política de prezos que proporcione incentivos adecuados para garantir un uso responsable, engade o principio de recuperación razoable de custes e obriga a unha maior participación pública.


Asemade a proposta partía dunha ordenanza fiscal, aprobada polo anterior executivo municipal, irreal e que afecta directamente á economía diaria dos veciños e das empresas de Valdoviño.

A proposta do SR. Alcalde partía dunha premisa, a noso modesto entender, errada, o escaso consumo pode partir dunha segunda vivenda que non ten ocupación todo o ano polo que a media de consumo é menor aos metros cúbicos mes aos que fae referencia, así coma a vivendas en espazos de ocupación intensiva, onde, ata agora, atopamos mais usuarios, e que incrementaba de forma sustancial o custe dos servizos.

Para o Grupo municipal socialista ambas partían dunha situación non axustada ao modelo de asentamento das parroquias onde están implantados estes servizos, nin tiñan en conta o estado da rede de abastecemento e saneamento existente

Porén haberá que ter en conta criterios coma;

          A rede que pode ser posta en servizo en pouco tempo atendendo ás obras do Plan E e dos plans da Deputación, na que se procederá a unha ampliación do número de usuarios en Meirás, Lago ou Aviño.

          A regularización de abonados.

          A redución de costes de depuración coa posta en servizo da instalación eléctrica do Cameleiro.

          O modelo de asentamento poboacional, onde a vivenda unifamiliar extensiva prima sobre a edificación colmatada, e donde o número de segunda vivenda sigue sendo importante.

Este grupo valorou os factores arriba sinalados, comparou facturacións reais, comprobou a situación dos concellos veciños, e valorou a proposta da nova estrutura tarifaria có obxecto de analizar e propoñer unha nova estrutura que si ben baseada na existencia dunha cuota fixa de servizo ó mes mais unha cuota variable segundo o consumo real do usuario, esta poda aproximarse a realidade do noso concello.

Asemade é necesario ter en conta que os abonados comerciais e industriais teñen unhas necesidades, que si ben polo xeral xeneran máis consumo, este é necesario para o desenvolvemento económico do noso concello, polo que non poden ser castigados coas tarifas propostas en outubro.

Por todo o anterior o Grupo municipal socialista expón as seguintes propostas para a súa incorporación ás ordenanzas reguladoras das taxas polo suministro de auga a domicilio e da rede de sumudoiros.





1.    PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLO SUMINISTRO DE AUGA A DOMICILIO

ABONADO DOMÉSTICO
TARIFA/€
Cuota servizo / mes
3
Consumo ata 21 m / trimestre
0,05
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,24
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,33
Consumo > 60 / trimestre
0,65
ABONADO COMERCIAL / INDUSTRIAL

Cuota servizo / mes
5
Consumo ata 21 m / trimestre
0,10
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,24
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,33
Consumo > 60 / trimestre
0,65
ABONADO DE OBRAS

Cuota servizo / mes
12
Consumo ata 21 m / trimestre
0,50
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,70
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,90
Consumo > 60 / trimestre
1,20

Tarifa de conservación do contador: 0,20 € por mes.

Tarifa de conservación de acometida: 0,29 € por mes

2.    PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA REDE DE SUMIDOIROS

I. Servizo de alcantarillado.

ABONADO DOMÉSTICO
TARIFA/€
Cuota servizo / mes
2
Consumo ata 21 m / trimestre
0,04
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,08
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,16
Consumo > 60 / trimestre
0,32
ABONADO COMERCIAL / INDUSTRIAL

Cuota servizo / mes
3
Consumo ata 21 m / trimestre
0,10
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,20
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,30
Consumo > 60 / trimestre
0,40
ABONADO DE OBRAS

Cuota servizo / mes
5
Consumo ata 21 m / trimestre
0,20
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,40
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,50
Consumo > 60 / trimestre
0,60

Tarifa de conservación de acometida: 0,28 € por mes

II. Depuración de augas residuais

ABONADO DOMÉSTICO
TARIFA/€
Cuota servizo / mes
2
Consumo ata 21 m / trimestre
0,02
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,10
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,18
Consumo > 60 / trimestre
0,35
ABONADO COMERCIAL / INDUSTRIAL

Cuota servizo / mes
3
Consumo ata 21 m / trimestre
0,12
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,24
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,35
Consumo > 60 / trimestre
0,42
ABONADO DE OBRAS

Cuota servizo / mes
5
Consumo ata 21 m / trimestre
0,24
Consumo >21 m e <40 / trimestre
0,48
Consumo de 40 a <60 / trimestre
0,58
Consumo > 60 / trimestre
0,68

Establécese unha cuota de bombeo 1,65 € ó mes


3.    PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN

O Concello de Valdoviño comprométese a desenvolver actividades de divulgación e concienciación sobre o consumo da auga e a necesidade do uso racional dos recursos hídricos en coordinación coa empresa que xestione o servizo municipal, orientada a todos os sectores da sociedade.

Por todo o cal, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do noso concello, o Grupo Municipal  Socialista  presenta a seguinte moción, para que se adopte o seguinte acordo:

·         Aprobar as propostas 1 e 2 presentadas e tramitar o correspondiente expediente de modificación  das ordenanzas fiscais pertinentes.

·         Aprobar a proposta divulgativa contida no punto número 3


En, Valdoviño a 3 de abril de 2012
Asdo. Alberto González Fernández Voceiro do Grupo Municipal Socialista

ILMO. SR. ALCALDE  PRESIDENTE DO CONCELLO DE VALDOVIÑO


ANEXO

Comparativa en base a facturas reais con tres casos (IVE non incorporado) no núcleo de Valdoviño :

1.    Vivenda unifamiliar Valdoviño 4 persoas.
2.    Piso en Valdoviño 3 persoas.
3.    Establecemento comercial Valdoviño.


Actualidad/€
Proposta Alcalde/€
Proposta PSdeG/€
1. 4 personas (58m3)



AUGA
31,32
47,58
22,02
SUMIDOIROS
15,53
21,5
12,08
DEPURACIÓN
22,92
30,3
11,2
TOTAL
69,77
99,38
45,3




2. 3 personas (37m3)



AUGA
19.98
23.46
15,36
SUMIDOIROS
10,07
11,36
8,96
DEPURACIÓN
14,94
11,94
8,02
TOTAL
44,99
46,76
32,34




3. Comercial (202m3)



AUGA
225,47
453,37
125,03
SUMIDOIROS
109,19
187,44
78,54
DEPURACIÓN
179,10
263,17
82,72
TOTAL
513,76
903,98
286,29