viernes, 23 de marzo de 2012


No pasado pleno do día  16  o grupo municipal socialista presentou unha serie de mocións:


-Moción sobre o Real Decreto- Lei 3/2012 de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. Nela ínstase ao Goberno a presentar un proxecto de lei alternativo e pactado cos axentes sociais e as forzas políticas que teña como obxectivo a creación de emprego de calidade e a estabilidade no emprego.
Esta moción foi rexeitada cos votos en contra do grupo de goberno do Partido Popular e CENVAL.

-Moción sobre a igualdade, promoción e defensa dos dereitos da muller.
Esta moción tamén foi rexeitada cos votos en contra do PP e CENVAL.

-Moción solicitando que os plenos municipais se recollan por medios audiovisuais para a súa difusión a través da páxina web co obxecto de achegar o pleno a todos os veciños.
Esta moción foi aprobada cos votos en contra de CENVAL e un membro do PP e abstención do resto do Partido Popular incluido o señor alcalde quen tanto pregoa coa súa transparencia.

-Moción  co obxecto de servir como declaración institucional do noso Concello de apoio ao sector naval. Porén, trasladou directamente para a súa aprobación en Pleno o escrito do Comité de empresa de Navantia que este trasladou na súa visita ao noso Concello o 8 de marzo.
Esta moción foi aprobada por unanimidade.

-. Como non podía ser doutro xeito, o PSdeG votou a favor da moción de UV e CG para que o concello de Valdoviño busque financiación doutras administracións para cubrir a piscina municipal de Lago. Proposta que fora xa presentada polo PSdeG na anterior lexislatura cando o Concello de Valdoviño recibiu máis de 2 millóns de euros do goberno do estado do PSOE e que fora rexeitada polos actuais concelleiros de CG e PP.


No apartado de rogos e preguntas o grupo municipal socialista tratou diversos temas entre os que destacan:

·         O  PSdeG_PSOE rexeita no pleno calquer peche do servizo de guardia das farmacias do noso concello. Non é de recibo que os veciños de Valdoviño perdan un servizo tan importante e necesario.
·         O PSdeG volve a solicitar, coma fixera no pleno de inicio do curso escolar, que o concello proceda a sinalazar, por motivos de seguridade vial, de forma axeitada a pista de acceso peonil ao CPI de Atios.

·         O PSdeG volveu a reclamar que se procedese a limpeza das parcelas no ámbito da Porta do Sol.
·         O PSdeG volveu a reclamar o informe sobre o estado das obras executadas no marco dos Plans Estatais (E) 



No hay comentarios: