martes, 17 de enero de 2012


Desde a Agrupación Socialista de Valdoviño seguimos a informar a os nosos veciños e veciñas do que aconteceu no último pleno do ano celebrado en Decembro do 2011

1 - No pasado pleno do día 16 de decembro o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE instou á Concelleira de Educación a que solucionse xa os problemas no CPI de Atios, lembrando que o concello ten unha partida orzamentaria para educación de 130.805, 7
euros, xa incorporados ó orzamento polos concelleiros do Partido Popular de educación da anterior corporación.

2 - O PSdeG reclamou a solución inmediata dos problemas de accesibilidade dos veciños da Lagoa da Frouxeira. O voceiro socialista non entende como o alcalde o pasado venres aínda non se puxera en contacto con ningún Alto Cargo da Consellería de Medio Ambiente, como recoñeceu no propio pleno, xa que só mantivera conversas coa xefatura territorial, sin trasladar o problemna nin á Delegada nin ao Conselleiro.

O Alcalde intentou falsear a situación de deixadez acusando ao goberno bipartito da situación da Lagoa, si ben o propio pleno lembroulle que a barreira á que alude foi instalada a causa do desastre do Prestige cando gobernaba o PP na Xunta, no Estado e en Valdoviño. E que durante o goberno bipartito sempre se procedía á apertura previa autorización da Consellería de Medio Ambiente.

Si ben dende a última apertura realizada polo seu compañeiro do PP no anterior goberno municipal, ex concelleiro de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia prometeu, por medio do Conselleiro Juarez quen se desprazou a Valdoviño, estudar e solucionar os problemas xerados pola crecida da Lagoa a instancias do Parlamento de Galicia, e que aínda non se materializou xerando un grave problema de accesibilidade ás vivendas.

3 – O PSdeG-PSOE criticou a situación derivada do incendio do local da Frouxeira, criticando que o Concello non denunciara aínda ante as instancias pertinentes o acontecido, nun local que é de titularidade municipal e non tiña seguro, non se recuperaran as chaves do mesmo, nin se cortara a luz e a auga, permitindo que o anterior concesionaro (quen rematou a concesión o 2 de outubro) aínda tivera acceso ao mesmo. O PSdeG lembroulle ao Alcalde que existía unha denuncia sobre obras, presumiblemente, sen autorización no local, circunstancia que o Sr. Alcalde non soupo aclarar si existía ou non incoado expediente de disciplina urbanística.

4. – En relación ás obras do Porto do Cabo, o PSdeG lembroulle o Sr. Alcalde que o seu grupo déralle o apoio para tomar as medidas necesarias para, en primeiro lugar, resolver a situación, e posteriormente, si se tiña coñecemento delas, pedir as responsabilidades pertinentes, incluíndo acudir a fiscalía.

O PSdeG recordoulle ó Alcalde no Pleno que en máis  dunha ocasión pediu que se cumplira o procedemento necesario para rematar a obra segundo o proxecto presentado, ou ben segundo as modificacións propostas. O Alcalde respondeu que non fixera ningunha xestión administrativa (solicitude de novos permisos ou execución subsidiaria), amparándose no informe do secretario de principio de decembro. O PSdeG criticou que o concello, si non tiña intención de poñer en funcionamento a depuradora esixira aos veciños asumir o custo do enganche individual, polo que solicita que se devolvan as tasas dunhas obras ás que foron obrigados e da que non poderán, segundo o Alcalde, servirse.

5.- Na mesma sesión o PSdeG presentou unha moción na que se instaba á Xunta de Galicia a derrogar a orde do 5 de setembro na que a Consellería de Sanidade deixa as persoas sen recursos, parados de longa duración e inmigrantes sen os mesmos dereitos que o que teñen o resto dos cidadáns de Galicia, unha asistencia sanitaria pública e gratuíta; tal como recoñecen as lexislacións existentes a nivel autonómico e estatal en vigor. Moción que foi aprobada cos votos en contra do grupo de goberno do PP.

6.- Asemade o PSdeG solicitou ó Alcalde, en aras de colaborar co grupo de goberno en beneficio dos veciños, que convocara a comisión correspondente para abordar os proxectos que podan ser plantexados ante a axuda do Goberno do Estado do PSOE (Mnisterio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) e a Xunta para actuacións de desarrollo do medio rural. 39.652,80 euros (BOE 9 de decembro de 2011).


O grupo municipal socialista en relación co ocurrido nas obras de Porto do Cabo e na pista do CPI de Atios pediu ao alcalde que lles dea traslado dun informe sobre a situación do resto ´das obras do FEIL.   

No hay comentarios: