lunes, 5 de noviembre de 2007

Xornada de XXSS para o fomento da cultura emprendedora

Hola amig@s

Trasladamos hoxe unha boa iniciativa de Xuventudes Socialistas.

FOMENTANDO A CULTURA EMPRENDEDORA

Exposición de motivos.
É ben coñecido por todos e todas día de hoxe a gran importancia queten para calquera cidade ter un importante tecido empresarial, tanto poloreforzo económico para a cidade que ilo supón como o gran interese socialpara evitar situacións problemáticas economicamente para as familias do noso entorno, levando este tema directamente a mocidade todos e todas sabemos que a opción de crear unha empresa debe ser tida en conta polos múltiples beneficios que esto supón: maiores ingresos económicos que un traballador por conta allea, non ter a obriga de ningunha subordinación xerárquica etc.
A pesares de o exposto anteriormente todos e todas temos claro adificultade que supón sobre todo o arranque da empresa, conseguirfinanciamento, un local etc... estes problemas son os que tratan decorrixirse mediante as axudas a emprendedores, axudas tan valiosas como descoñecidas para a mocidade.
Precisamente este descoñecemento e o que pretendemos corrixir conesta actividade, o noso obxectivo para esta actividade é transmitir toda ainformación dispoñible sobre este eido para proporcionar a mocidade tódalas opcións cara o seu futuro profesional.
Comisión Executiva Local XSG Ferrol
R/ Españoleto 9-11 Entrechán 15403 Ferrol
Telf: 981 320 480 – 650 943 608

Descrición de actividade:
Esta actividade vai dirixida principalmente a estudiantes debacharelato, principalmente a mozos e mozas que elixiran a modalidade naque impártese economía xa que no temario explicase unha introducción amicro e macroeconomía así como os distintos tipos de empresas e os requisitos básicos de constitución e tamén vai dirixida os e as alumnos deformación profesional que a pesar de contar con formación en moitos dosciclos sobre esta materia poden recibir información nova nesta xornada asícomo a aquelas persoas ás que estean interesadas neste tema.
A actividade levarase a cabo durante a tarde de 16-22 horas dovenres 9 de novembro do 2007 e consistirá en cinco ponencias nas que se explicarán as os incentivos axudas e facilidades que tanto o Concello deFerrol, a Cámara de comercio, o IGAPE e a Consellería de Traballo ofrecen a os e as emprendedores e emprendedoras, tamén contariamos cunha ponencia ofrecida por un emprendedor da cidade na que comentaríaas súas experiencias.
Existen dous procedementos de inscrición, o dirixido principalmenteos e as alumnos e alumnas dos institutos da cidade que consiste eninscribirse nos listados que poderán atopar nos mesmos centros, e a outraque consiste no envío dun correo electrónico ó enderezo ferrol@xuventudessocialistas.org no que deberá figurar nome apelidos DNI e enderezo e correo electrónico. O rematar a actividade entregaranse uns diplomas os asistentes.

Programación da actividade:
16.00-16.05 Horas: Apertura das Xornadas (Representante deXuventudes Socialistas
16.05-17.00 H: Ponencia “Primeiros pasos” (Xoven emprendedor da cidade)
17:00-17:10 H: descanso
17.10-18.00 H: Ponencia “Axudas do IGAPE para emprendedores”(representante do IGAPE)
18:00-18:10 H: descanso
18.10-19.00 H: “Viveiros de empresa” (Por determinar)
19:00-19:10: descanso
19:10-20:00 H: “Políticas da Consellería de Traballo sobreemprendedores” ( representante da Consellería)
20:00-20:10 H: Descanso
20.10-21.00 H: “¿Por qué crear a nosa empresa en Ferrol? (Concelleiro de Promoción económica e emprego)
21:00-21:15 H: Clausura das Xornadas
Pinchos: 21.15-22.00

No hay comentarios: