viernes, 22 de diciembre de 2006

Lago, Loira, Lourido, Meirás, Pantín, Valdoviño, Vilaboa, Vilarrube, Sequeiro (O) son as nove parroquias do noso concello, divididas en ata 233 lugares ou entidades de población. En cada unha delas hai un asunto pequeno ou no tan pequeno que compre arranxar.

En Valdoviño a cifra de paro (Novembro 2006) é de 402 veciños. O que queremos facer e coñocer unha por unha a esas persoas. Que preparación teñen, que experiencia, que lles gustaría e que tipo de actividade poderían desenvolver... Se a proposta é boa faremos todo o posible para poñela en marcha. Son 131 homes e 271 mulleres. Son 41 menores de 25 anos... cada persoa é un tema distinto.

Tamén queremos falar con todos os veciños que teñen algún tipo de negocio no noso concello para que nos digan o que necesitan para amplialo e seguir crecendo. Para poder xerar máis riqueza e máis postos de traballo.

Hai máis de 4500 vivendas no noso concello e case 4000 edificios. Cantos precisarían algun tipo de arranxo? Desde o PSOE poñeremos a disposición dos ciudadáns toda a información de axudas para a construcción e reparación da vivenda.

No hay comentarios: