martes, 23 de noviembre de 2010



VALDOVIÑO, O CONCELLO DOS DOUS MARES



A vontade da Agrupación Municipal Socialista e do Grupo Municipal Socialista, e facervos chegar un resumo, a través da nosa revista, VALDOVIÑO, O CONCELLO DOS DOUS MARES, do que foron as nosas propostas, e do que foi a nula actuación do Grupo de Goberno, (TEGA, PP, Independentes).

Estas propostas, xiran ó redor de cinco eixes fundamentais: Xestión Económica, Educación, Servicios Sociais, Servicios Públicos e Urbanismo, intentando dende a oposición, e na medida do posible, satisfacer as demandas dos nosos veciños e veciñas.



XESTIÓN ECONÓMICA



O Grupo Municipal Socialista estima que para levar a cabo unha adecuada xestión do Concello de Valdoviño, débese atender e priorizar o gasto social e a inversión, recortando o gasto supérfluo e aplicando todas as medidas económicas ao seu alcance para lograr así unha maior eficacia e eficiencia.

Son varias as medidas adoptadas polo Grupo de Goberno, (TEGA, PP e INDEPENDENTES), que dende o comezo da sua lexislatura, levaron ó Concello ó seu estado actual.

A transparencia da que facían gala nas súas manifestación públicas, transformouse no contrario, xa que a primeira medida foi establecer a celebración dos plenos os luns as 10 da mañá. En dito horario é practicamente imposible, que os veciños e veciñas do noso Concello podan acudir as sesións plenarias, polo que a falta de información e transparencia é total.

Outra medida levada a cabo polo Grupo de Goberno actual, foi o incremento nas asignacións por asistencia a plenos, comisións informativas e comisións de goberno. Dende o Grupo Municipal Socialista propuxéronse unha serie de medidas contrarias ás subidas das asignacións e da celebración dos plenos polas mañás, medidas rexeitadas por TEGA, PP, INDEPENDENTES.

Asemade, nos orzamentos de 2009, O Grupo do Goberno aprobou unha dedicación parcial a un cargo electo do goberno pertencente ó Partido Popular, de 4 horas diarias e cunha retribución bruta/mensual de 1.400 euros.

A liquidación do 2006, ofrecía un remanente de tesoureria de 171.013,97 euros. O Arqueo de Maio de 2007 era de 1.727.319,92 euros, e o Arqueo de decembro de 2007 foi de 1.792.012,88 euros. No pleno no que se presentou o avance da liquidación do primeiro semestre do 2008, presentouse un déficit de 700.000 euros aproximadamente, o que xa facía asomar o gasto desmesurado do Grupo de Goberno.

O actual Grupo de Goberno estivo traballando ata o 2008, cun orzamento aprobado pola corporación anterior do ano 2006. Foi no ano 2009, e despóis de dous anos de inactividade cando presenta un orzamento, que conta cun informe no que se establecen determinadas disconformidades por parte da intervención municipal, e que según ésta, INCUMPRE O OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA.

Dito orzamento que adica máis do 45% do mesmo a gastos correntes, no que a inversión non alcanza o 25%, sendo a maior parte destes capítulos os achegados polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

No "INFORME DE INTERVENCIÓN Á CONTA XERAL DO EXERCICIO 2009", con data 10 de Xuño de 2010, informe realizado pola Intervención Municipal, se sinala que existen unha serie de facturas pendentes de pagamento do Concello de Valdoviño e que ascenden a 2.000.000 de euros, aproximadamente. Tras esta información, o Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES) foi incapaz de dar algunha explicación sobre a xestión levada a cabo neste Concello durante estes tres últimos anos, cargando ó Concello cunha débeda difícil de asumir.

A obrigación de pagamento do Concello de Valdoviño cuantifícase sobre a base de facturas reflexadas no “Informe de Intervención”, de 2010.
Concretamente a débeda do ano 2009-2008-2007 ascende a 1.317.617,93 euros e o débito do 2006 é de 65.610,25 euros. A obrigación de pagamento restante corresponde á reclamación de diversas débedas dende o ano 1999, algunhas das cales están en vía xudicial.

A todo isto súmase que o Grupo de Goberno encabezado por TEGA, non se acollera ao Real Decreto-lei 5/2009, do 24 de abril, aprobado polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, que atendía ás principais demandas conxunturais dos concellos e facilitaba ás entidades locais o saneamento de débedas pendentes de pagamento con empresas e autónomos.

Pero á Xestión Económica, débese unir á xestión do persoal do Concello. O Grupo de Goberno aprobou, có voto en contra do Grupo Socialista a RPT do Concello.

Si ben este grupo opina que a elaboración da RPT é necesaria, xa que é un instrumento de traballo que dota á administración dunha estructura eficaz e eficiente, así como moderna e flexible e adaptada ás necesidades dos nosos veciños e veciñas, entendemos que a valoración dos postos de traballo non se fixo correctamente, ignorando a situación real dos traballadores e das prioridades administrativas e de organización da estructura municipal.

As funcións de asesoramento xurídico do Grupo de Goberno do Concello de Valdoviño, foron realizadas, dende a súa entrada no Goberno, en xuño do ano 2007, por diferentes asesores externos, que ofrecen resultados, pouco satisfactorios. Esta contratación de profesionais alléos aos servicios propios do Concello, ocasionaron un gasto desproporcionado nas arcas municipais.

En xullo de 2007 contrátase como asesor xurídico a Javier Sánchez Muñoz. Con dito asesor realizouse un contrato de asistencia xurídica, para levar a cabo actuacións relativas ó asesoramento xurídico do Grupo de Goberno, nas instalacións do Concello; contrato polo que se lle pagaron 4.000 euros mensuais, ata xuño de 2009.
Os resultados do seu asesoramento quedan evidenciados no "Informe de Intervención á Conta Xeral do Exercicio 2009", que situou a débeda do ano 2009-2008-2007 en 1.317.617,93 euros.

A empresa COEMA foi contratada no mesmo periodo, xullo do 2007, a instancia do Partido Popular. Tiña encomendada coma tarefa principal traballos de asesoramento en materia económica, consistentes na contabilización e posta ó día dos exercicios 2006 e 2007, para a posterior elaboración dos orzamentos da entidade municipal e rendicións de Contas Xerais pendentes. A contratación ascendía a 35.165,40 euros, pero so se lle pagaron 11.948,58 euros, o pagamento restante está en proceso de reclamación xudicial.

Vicente Fernández-Couto, foi contratado no ano 2008 para realizar un Estudio da consolidación dos Núcleos Rurais. Dita contratación supuxo un gasto de 23.000 euros. O Grupo Municipal Socialista, estimou nese momento que a contratación da redacción de dito estudo non era necesaria, xa que éste debería realizarse polo equipo redactor do PXOM.

Ademáis, este Grupo de Goberno suma gastos e débedas ó encargar informes sobre o estado de execución de diversas obras, a empresas e técnicos externos, cando ditos traballos deben ser realizados polos técnicos da entidade municipal.

Por último, en Xaneiro de 2010 procédese á contratación da empresa ICAL S.L., para analizar a situación económica municipal, e realizar tarefas de contabilidade do Concello de Valdoviño, tales coma elaboración dos orzamentos 2010, recabar obrigas pendentes de pago ou facer a rendición de Contas Xerais pendentes. Estas tarefas se viñeron realizando coa colaboración e asesoramento do Secretario- Interventor. O custo de dito contrato de asesoramento ascende a 10.000 euros.

En relación coa nula xestión e aproveitamento de bens de natureza pública, o Grupo de Goberno tomou decisións pouco oportunas, e non axeitadas para cubrir as necesidades dos nosos veciños e veciñas e das súas demandas:

  1. Decide ceder, GRATUITAMENTE, o uso dun local situado no Mercado Municipal, á Garda Civil, ignorando a falta de locais, da que adolecen outros colectivos (3ª idade, nenos, xuventude, asociacións, propio Concello, etc).

  1. Aumentan os gastos mensuais do Concello ao adquirir un local en reximen de aluguer, pagando 1,500 euros ao mes para gardar a maquinaria propiedade do Concello, maquinaria que se podía gardar nos novos garaxes do Mercado Municipal, utilizados agora pola Garda Civil, sin observar outras posibilidades, coma adquisición ou construcción, ou oferta pública para a súa explotación.

  1. A estos gastos hai que sumar os ocasionados polo aluguer pagado a Aquagest, 300 euros durante 10 meses, actuando en contra dun Informe de Secretaría.

  1. Por último, o Grupo de Goberno decide alugar outro local para habilitar un centro social. As obras de acondicionamento ascenden a 39.000 euros, e o aluguer mensual é de 1.100 euros durante 5 anos.

Non se entende cómo non se habilitaron outros locais de titularidade pública para facer fronte a todas estas necesidades, e non aproveitar os fondos do FEIL 2009 e FEIL 2010, respectivamente, para conseguir todos estes fins sociais.

O PSdG quere recordar, que foi ou Goberno da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño, quen aprobou para Valdoviño o proxecto dun Centro de Día, cun investimento aproximado de 600.000 euros. Ademáis o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local 2010, do Goberno Zapatero, apoiaba a construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios de propiedade municipal para a atención a persoas en situación de dependencia. Tamén o FEIL 2010 permitía destinar ata o 15% a gasto corrente cando tivera unha finalidade social. Estas medidas tamén foron rexeitadas polo Grupo de Goberno de Valdoviño. Tendo en conta, que o trámite de cesión e desafectación dos terreos escollidos por TEGA, se iniciou non último trimestre do 2008, tras un ano e medio de Goberno do Partido Popular; o inicio das obras continua a esperar.

Entendemos que o GRUPO DE GOBERNO (TEGA, PP, INDEPENDENTES), non foi capaz de atender ás necesidades existentes, aumentado o gasto de forma descontrolada


.

EDUCACIÓN



O Grupo Municipal Socialista levou a cabo diferentes iniciativas no ámbito educativo, e concretamente de mellora do CPI de Atios. O Grupo de Goberno, fixo caso omiso destas necesidades, e non atendeu, en ningún momento as demandas da comunidade educativa. A Presidenta do Consello Escolar, transmitiu as carencias e necesidades do Centro Escolar a toda a Corporación Municipal, así coma a ANPA. Ditas necesidades non sonnos alleas e intentamos atallalas dende o noso ámbito. Ás accións políticas baséanse fundamentalmente na presentación de Mocións nos Plenos ordinarios do Concello de Valdoviño, en interpelacións parlamentarias e nos contactos mantidos cos representantes dos alumnos; aínda que tamén é certo que os resultados obtidos non foron os esperados.

As diferentes MOCIÓNS presentadas no Pleno, plantexan as necesidades do Concello de Valdoviño, e versan sobre diferentes cuestións:

5.         Diferentes obras de mellora a través dos Plans de Inversión do Goberno Central (FEIL 2009-2010).
6.         Gratuidade libros de texto e acceso ao comedor escolar de todos os seus demandantes.
7.         Continuas interpelacións no Pleno do Concello, para reivindicar as problemáticas transmitidas polo AMPA.

Moción FEIL 2009

Mellora e acondicionamento das instalaciós. Hai que ter en conta que a Conselleria de Educación faise cargo dos gastos correspondentes a gasóleo e limpeza polo que o Concello ten que asumir o resto dos gastos, auga, conserxe e mantemento.

No FEIL 2009, únicamente se aprobaron unha serie de reparacións varias no colexio de Atios, por importe de 89.956,84 euros, executadas de forma moi defectuosa, e com custes engadidos, xa que técnicos externos ó Concello, tuveron que certificar ás obras.

Rogo CRA sequeiro 2009

No mes de agosto a Consellería de Eduación aprobou a creación dunha aula máis pertencente ao CRA de Sequeiro.

Este espazo requería unha serie de actuacións que permitiran a utilización do centro en boas condicións, polo que se instou ó Delegado de Educación a acometer as medidas necesarias, tales coma cambio de fiestras, instalación de calefacción, pintado, acondicionamento aparcamento ou a incorporación dun mestre para esta nova aula.

Mocion gratuidade e comedor setembro 2009

Os socialistas sempre temos defendido a implantación na sociedade de dereitos cidadáns universais. A Educación e a Sanidade representan un modelo público, polo que tamén defendemos un sistema sanitario e educativo público de calidade, universal e grauito para todos e todas.

No Goberno de Emilio Pérez Touriño, os socialistas conseguimos un gran avance implantando en todos os centros públicos, no ensino obligatorio, un programa de gratuidade de libros de texto.

O Partido Popular, deu un paso atrás, sen parangón en materia de dereitos dos cidadáns e eliminar o programa de gratuidade de libros de texto e de servicios prestados nos centros escolares.

O Grupo Municipal Socialista, pediu ó Grupo de Goberno (TEGA, PP, IMDEPENDENTES), que instara á Conselleria de Educación a, restituir a gratuidade dos libros de texto en todos os niveis da ensinanza obligatoria.

No Colexio Público de Atios existía no curso 2009-2010 unha lista de espera de 40 nenos aproximadamente, para poder acceder o servicio de comedor. Este problema estaría subsanado si a Consellería de Educación enviase un axudante de cociña, pero atendendo a súa especial política de austeridade, non realizou as xestións necesarias para ofrecer este servicio os pais e nais do noso Concello.

Moción FEIL 2010

Para facer fronte á situación de crise económica, o Goberno de España considerou necesario adoptar medidas inmediatas de xeración de emprego e de incentivación económica no conxunto do territorio, e para iso volveu a pór a confianza nos Concellos, aprobando o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

Esta era unha oportunidade de satisfacer necesidades dos nosos cidadáns, e é por iso que este grupo presentou as seguintes propostas de actuación, logo de reunirse coas asociacións do Concello, en representación dos intereses dos nosos veciños.

Por iso, e coa finalidade de levar a cabo diferente actuacións acollidas ao FEIL 2010, o Grupo Municipal Socialista propuxo melloras que afectaban á  construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de centros educativos, centros sociais, sanitarios, culturais e deportivos.
Dita Moción tamén foi rexeitada polo Grupo de Goberno, e non realizou, có FEIL 2010, ningunha obra de mellora no CPI de Atios.

Mocion servicio de comedor xaneiro 2010

No curso 2009-2010, e ante a inactividade da Xunta e do Grupo de Goberno, o Grupo Municipal Socialista, presenta novamente unha Moción, para que, 60 nenos aproximadamente, podan acceder o servicio de comedor.

A comunidade educativa de Valdoviño trasladou á Consellería de Educación e de Ordenación Universitaria e ó Grupo de Goberno municipal (integrado por TEGA, PP e Independientes) esta situación en reiteradas ocasións.

Os problemas no CPI de Atios continuan no curso actual, 2010-2011, problemas coñecidos polo Grupo de Goberno, (TEGA, PP e Independientes) que afectan ó servicio de comedor, transporte escolar e mantemento do parque infantil.

Comedor escolar outubro 2010

No CPI de Atios existe unha lista de espera de 80 nenos, para poder acceder o servicio de comedor escolar. Este problema estaría subsanado si a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autorizase o incremento do número de comensais que lle corresponden ó CPI de Atios.

O Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, que regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, permite que se incremente o número de comensais usuarios do servizo de comedor.

No transcurso destes anos, a realidade social veu demandando das administracións públicas, unha nova regulamentación do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos. Este servizo educativo ten un carácter complementario, compensatorio e social.

O 24 de Setembro de 2010, celebrouse un Pleno Extraordinario no CPI de Atios, no que a Corporación Municipal adheríase á solicitude da AMPA, perante da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, na que se solicitaba un cambio de clasificación do comedor escolar do CPI de Atios.

O Grupo Municipal Socialista propúxolle ó Grupo de Goberno que instara á Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria a tomar as medidas necesarias, para que o servicio de comedor escolar do CPI de Atios funcionara correctamente, e permita o cambio de clasificación, para que se incremente o número de comensais usuarios do servizo de comedor.

O Grupo de Goberno, (TEGA, PP e Independentes), votou en contra da moción, xa que consideraban suficiente a adhesión, á solicitude da ANPA, perante da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, na que se solicita un cambio de clasificación do comedor escolar do CPI de Atios.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista, presenta a través da súa diputada no Parlamento de Galicia, Beatriz Sestayo Doce, o 21 de outubro de 2010, unha iniciativa parlamentaria na que se insta a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, a tomar as medidas necesarias, para permitir o cambio de clasificación do servicio de comedor escolar do CPI de Atios, para incrementar o número de comensais usuarios do servizo de comedor.

Ademáis presentamos, por vía ordinaria, dúas mocións en referencia ó transporte escolar e o mantemento do parque infantil. A primeira foi votada en contra, e a segunda prosperou coa abstención te TEGA.

Moción transporte escolar outubro 2010

O sistema educativo público de calidade, universal e grauito para todos e todas, ten que ser a máxima que presida todos os gobernos da Xunta de Galicia, pero a a especial austeridade que caracteriza ó do Goberno do PP, nos leva, unha vez máis, ó deterioro dos servicios públicos educativos, con exemplos claros tales como a eliminación da gratuidade dos libros de texto, os recortes no transporte escolar ou nos comedores escolares.
A realidade social demanda das administracións públicas, que o transporte escolar sexa un servizo público e gratuito, que ven a cumplimentar un sistema educativo público de calidade, universal e grauito para todos e todas.

Este Grupo pretendía instar á Consellería de Educación e Ordenación a aprobar a reordenación das rutas existentes, para que ningún usuario quedara fóra do servicio do transporte escolar.

Moción Bambán, Setembro 2010

O Grupo Municipal Socialista tivo coñecemento do mal estado da sutuación do bambán do parque infantil do CPI de Atios, no mes de Maio de 2010. Correspondelle ó Concello de Valdoviño o mantemento do edificio e de todos os elementos que conforman o CPI de Atios.

Nese momento, este Grupo Municipal solicitalle ó Delegado de Educación, unha copia do informe dos servicios técnicos do Concello de Valdoviño, informe realizado polo Arquitecto Técnico Municipal o 05 de Abril de 2010, e que lle é entregado a voceira municipal socialista no mes de Setembro de 2010.

Ante o deterioro e mal estado do balance e do parque en xeral, e a falta de actuación do Delegado de Educación, a dirección do Centro decide pechar dito parque ate que as instalacións estén correctamente habilitadas para o seu uso.

O informe técnico emitido no mes de Abril polo Arquitecto Técnico Municipal, dictaminaba que,

1.         “O balance en cuestión, non pode entrar en servicio, xa que non se instalou seguindo as instruccións de montaxe propias do fabricante”

2.         “Non se está cumplindo o disposto no Decreto 245/2003 de 24 de Abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, en canto a obligatoriedade de instalación de superficie de material brando...”

3.         “O técnico que suscribe, considera que se realice unha ispección por técnico competente a todo o parque”

No Pleno celebrado o 20 de Setembro de 2010 o Delegado de Educación, do PP, e ante a interpelación realiza pola voceira socialista, a única resposta que ofrece dito Concelleiro, ante a problemática xurdida, é que non hai orzamento dispoñible para poder levar a cabo as obras oportunas de arranxo dos elementos, e que non tiveron tempo de atender as demandas educativas do curso 2009-2010, o cal non se entende, xa que a solicitude de Informe Técnico por parte da Sra. Alcaldesa é do mes de Marzo de 2010.




SERVIZOS SOCIAIS



As políticas sociais constitúen, ou deben constituír, unha prioridade para as Administracións Públicas, a fin de garantir a efectiva igualdade de oportunidades entre todas as persoas. O Partido Socialista sempre perseguiu o avance das políticas sociais. Éstas, experimentaron un profundo cambio respecto ao pasado Goberno do Partido Popular.

No Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, e no Goberno da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño, as políticas sociais, no seu senso máis amplo, (educación, sanidade, benestar...), foron as inspiradoras de toda a lexislatura. A chegada ao Goberno de Alberto Núñez Feijoo está a supor un deterioro irreversible das políticas sociais.
O Grupo Municipal Socialista de Valdoviño presentou diferentes mocións que plantexaban diversas necesidades do Concello de Valdoviño en materia de servicios sociais, e abarcan, dende a atención a terceira idade, a efectiva consecución da igualdade de xénero, ou a erradicación definitiva da violencia de xénero.

Moción do Día Internacional da Muller:

Esta moción pretendía acadar a participación das mulleres na toma de decisións que afectan á cidadanía, erradicar a inestabilidade, o desemprego e a temporalidade no mundo laboral e loitar contra a violencia de xénero.


Mocións sobre a violencia de xénero para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero:

A Lei 1/2004, de 28 de Decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, aprobada por unanimidade por todos os grupos políticos, situou a España na cabeza dos paises que aprobaran unha normativa de carácter integral. Esta lei non só protexe as mulleres, senón tamén ás vítimas infantís.

Moción sobre parques saudables para adecuar as instalacións xa existentes e instalar outras novas con aparellos de ximnasia ao aire libre para adultos:

Os usuarios dos espazos de ocio públicos, son principalmente a poboación infantil, xuvenil e da terceira idade.

Varias das instalacións de titularidade municipal, sofren evidentes signos de descoido.

Ademais, non existe, no noso termo municipal, ningún equipamento específico para practicar exercicios ximnástico-terapeúticos para adultos ao aire libre. No noso contorno natural hai numerosos lugares que reúnen condicións idóneas para a instalación de tales equipamentos.

Moción educación sexual:

Debemos promover entre nosos novos un comportamento sexual responsable. Desde todos os ámbitos da sociedade é evidente a necesidade de incorporar en forma obrigatoria e oportuna nos programas educacionais a educación sexual.

Por todo o exposto, o Grupo Socialista do Concello de Valdoviño presentou para a súa aprobación polo Pleno Municipal, instar á correcta educación sexual na formación reglada e ámbitos educacionais, promovendo así a intervención no noso Concello de equipas profesionais de distintos ámbitos, cuxa tarefa é traballar nos campos da educación non formal, como, por exemplo a educación de adultos, educación a poboación de riesgo, educación de adolescentes, inserción social de persoas desadaptadas etc. Dita Moción foi rexeitada polo Grupo de Goberno.

Moción sobre viviendas de promoción pública:

A existencia no Concello de Valdoviño de vivendas de promoción pública é un ben común. É obriga da corporación municipal manter en todo momento a legalidade nos procedementos de adxudicación e transmisión de ditas titularidades.

Moción sobre o Consello de Maiores:

Os Consellos Municiapais dos e das Maiores dos nosos pobos, deben constituirse para fomentar a participación activa das persoas maiores no desenvolvemnento da vida social, económica e cultural das nosas vilas e tamén para erexirse nun auténtico órgano asesor e consultivo do Concello nesta materia.

Moción de igualdade:

Son moitos os logros acadados nos últimos anos en materia de igualdade, tanto a nivel estatal como autonómico en materia lexislativa. Nembargantes, son moitas as actuacións que restan por implementar, pois unicamente lexislando non se pode acadar a igualdade real entre mulleres e homes.

O obxectivo que marcaba a Lei 3/1991 de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller era e é, o de promover a igualdade de dereitos,  a non discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política de Galicia e a promoción da igualdade nun ámbito familiar, laboral e político.

O Goberno do PP suprimiu un órgano que, se encargou de defender os dereitos da muller galega, de poñer en marcha numerosas campañas para sensibilizar a cidadanía e para loitar por acadar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes galegos.
A a igualdade entre mulleres e homes é unha condición previa para o crecemento sostible, o emprego, a innovación, a competitividade e a cohesión social.

A participación e a representación das mulleres nos niveis máis altos de responsabilidade e toma de decisións é escasa, especialmente no eido da economía e da política. Así, o aumento do nivel formativo das mulleres non se corresponde ca súa presenza nos espazos de toma de decisións.
Polo tanto, e tendo en conta os importantes progresos destes anos, é necesario continuar avanzando para acadar unha igualdade real e efectiva para todas as mulleres e homes, tamén como resposta sostible para os retos do futuro, especialmente aqueles que se deben encarar na vindeira década.

Moción sobre políticas sociais:

As políticas sociais constitúen, ou deben constituír, unha prioridade para as Administracións Públicas, a fin de garantir a efectiva igualdade de oportunidades entre todas as persoas.
Un exemplo claro do avance das políticas sociais foi a creación dos Centros de Información á Muller. Os equipos que os xestionan, son fundamentais na loita contra a violencia de xénero.

Ante o desmantelamento das políticas sociais, por parte do Goberno presidido por Núñez Feijo, este Grupo pretende a activación das políticas públicas sociais e garantir o efectivo desenvolvemento das políticas sociais municipais e así evitar a paulatina privatización que están a sufrir os servicios públicos.

Moción sobre a solicitude de inversións e actuacións para a mellora dos servicios sociais do Concello de Valdoviño(FEIL 2009/2010):

FEIL 2009: Para impulsar a recuperación económica e a creación de emprego, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero creou un fondo de Investimento Municipal, no que se destinou ao Concello de Valdoviño 1.235.000 euros. A través deste fondo podíanse financiar proxectos orientados á mellora das dotacións municipais e infraestructuras tanto productivas como de utilidade social.

O Grupo  Municipal Socialista de Valdoviño presentou varias propostas de actuación, despois de reunirse coas asociacións do Concello. No referente ao ámbito social comtemplaba a adecuación da Casa de Cultura e do Centro de Saúde, ademáis da integración do edificio da Cámara Agraria no entorno da Casa Consistorial.

FEIL 2010: O Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local 2010, do Goberno Zapatero, apoiaba a construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios de propiedade municipal para a atención a persoas en situación de dependencia. Tamén o FEIL 2010 permitía destinar ata o 15% do mesmo,a gastos correntes xerados por servicios sociais (educativos, atención a persoas en situación de dependencia e outros de competencia municipal).

Dende o Grupo Municipal Socialista de Valdoviño presentouse unha moción despóis de reunirse de novo coas asociacións e recoller as súas propostas. No referente ao ámbito social presentáronse propostas para a construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de centros educativos, sociais, sanitarios, culturais e deportivos e tamén a adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios de propiedade municipal para a atención a persoas maiores ou en situación de dependencia.

Neste punto faise de novo evidente a mala xestión do grupo de goberno que en lugar de habilitar locais de titularidade pública, aproveitando os fondos do FEIL, decide alugar un local para habilitar un centro social para maiores. As obras de acondicionamento de dito local ascenden 39.000euros, e o aluguer mensual é de 1.100euros.

O PSdG quere recordar, que foi ou Goberno da Xunta de Galicia, presidido por Emilio Pérez Touriño, quen aprobou para Valdoviño o proxecto dun Centro de Día, cun investimento aproximado de 600.000 euros. Estas medidas tamén foron rexeitadas polo Grupo de Goberno de Valdoviño. Tendo en conta, que o trámite de cesión e desafectación dos terreos escollidos por TEGA, se iniciou non último trimestre do 2008, tras un ano e medio de Goberno do Partido Popular; o inicio das obras continua a esperar.




INFRAESTRUTURAS


No modelo de desenvolvemento que cree o PSdG-PSOE as infraestrutras de comunicación do noso Concello ocupan un lugar relevante, porén dende ás administracións dirixidas polos compañeiros do Partido Socialista traballamos conxuntamente para que isto fose unha realidade.

É necesario lembrar que nas nosas estradas non só se utilizan para comunicarse, senon que en moitos puntos do noso Concello, son o núcleo fundamental da vida diaria dos nosos veciños e veciñas.

As actuacións levadas a cabo ou diseñadas polo PSdG-PSOE teñen como fin mellorar a calidade de vida dos seus usuarios, conductores e sobre todo peóns, por elo a seguridade viaria foi a que primou nas seguintes actuacións:

  1. Mellora da seguridade viaria na Travesía de Valdoviño.
  2. Adaptación de marxes e mellora de accesibilidade de peóns na AC-116 en Lago.
  3. Adaptación de marxes e mellora de accesibilidade de peóns na AC-566 en Pantín.
  4. Instalación do sistema de protección de motoristas na AC-566.

Có obxecto de mellorar integralmente os viais, a Deputación de A Coruña, presidida por Salvador Fernández Moreda (Secretario Xeral do PSdG-PSOE na Provincia da Coruña), executou a actuación na estrada do Trece, e proxectou a mellora da estrada a Vilaboa.

Durante a presidencia de Emilio Pérez Touriño, ó frente da Xunta de Galicia, e ante ás evidentes necesidades de mellora das infraestruturas viarias do norte da comarca, esquecida durante moitos anos polo PP, e especialmente no tramo da AC-566 entre Narón e Cedeira, dende a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes redáctase un estudo sobre ás necesidades de comunicación e mellora de seguridade vial neste ámbito e se plasman unha serie de propostas de actuación, que se engaden ás actuacións que neste vial xa se viñan executando no Concello de Valdoviño.

Da proposta do estudo se deriva a necesidade de actuación en cinco ámbitos:

  1. Mellora do vial entre Narón e Valdoviño. No que se incorpore a movilidade completa có enlace da AG-64 (Autovía Ferrol – Vilalba).
  2. Variante de Valdoviño.
  3. Mellora da estrada entre Valdoviño e Cedeira.
  4. Variante de Cedeira.
  5. Novo enlace entre o Río do Pozo e a AC 116 no Val.

No ano 2008 se licita dende a CPTOPT a redacción dos proxectos de mellora dos viais nos tramos entre Narón - Valdoviño e Valdoviño – Cedeira, redactándose ós pliegos dos estudos para a contratación dos proxectos das variantes arriba sinaladas (Valdoviño e Cedeira). Asemade ditas actuacións se incorporan ó coñecido coma plan de estradas de Galicia.

De feito nos orzamentos dá Xunta para ou ano 2010 unicamente a MATI do goberno PP consigna orzamento para a execución do tramo Narón - Valdoviño deixando o seguinte sen consignación orzamentaria ningunha.

O Grupo Parlamentario Socialista, a instancias dá Agrupación Socialista de Valdoviño, solicitou a inclusión do tramo Valdoviño - Cedeira nos orzamentos dá Comunidade Autónoma para o ano 2010, sendo isto rexeitado polo Partido Popular e goberno actual Xunta de Galicia.

Neste ano o goberno do PP inicia a exposición pública do tramo Narón – Valdoviño ante o que o Grupo Municipal do PSdG-PSOE presenta unha moción no pleno do Concello cós seguintes puntos:

  • Que se proxecte a instalación do saneamento e abastecemento .
  • Que as novas vías de conexión co tronco principal da estrada manteñan a distancia de servidumbre establecida.
  • Mantemento ó longo de toda a estrada, das distancias de afección actuais.
  • Que o espazo de paso de peóns sea executado en un material duradeiro.

Moción que foi aprobada có voto en contra do PP.

O pasado 16 de setembro de 2010, na Casa da Cultura, os técnicos da Consellería de MATI, expuxeron o proxecto e manifestaron que as alegacións dos veciños, non recibirían unha resposta individualizada, e que as que fosen atendidas, reflictiríanse no Proxecto Constructivo, e que éste non sería exposto de novo ós veciños. Ante isto, solicitouse ó responsable da Xunta, presente na sala, que, antes da aprobación definitiva do proxecto, éste fora exposto novamente, recibindo o auditorio e as autoridades políticas presentes, o silencio coma resposta.

Asemade o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción sobre a falta de sguridade que unhas obras na estrada autonómica ocasionaba na Ramalleira.

A Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestutras definiu a sinalización dous tramos dá AC 566 entre Valdoviño e Porto do Cabo.

Entre os traballos de sinalización destaca a execución dun carril de espera non PK 17 para acceder a Ramalleira na parroquia de Pantín. O definir dito espazo practicamente anulou o espazo dispoñible para peóns, obrigando a estes a acceder, ou ben pola propia vía, ou ben andar un traxecto de máis de 500 m para acceder a desempregadas de autobús.

A moción que foi aprobada por unanimidade, aínda que cunha salvedade:

  • O voceiro do PP anunciou que “a Xunta xa traballa nun proxecto máis ambicioso”, e tanto xa que debe estar oculto nalgún caixón da Consellería.

Señores e señoras do Grupo de Goberno Municipal a transparencia non só se predica, se exerce

Durante as obras de mellora de Seguridade vial na Travesía de Valdoviño, se suscitaron, diversas preguntas e dúbidas por parte dos veciños e veciñas de Valdoviño. Porén a instancia do Grupo Municipal Socialista, o Delegado da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia asistíu a un coloquio na Casa de Cultura.


MEDIO AMBIENTE



Si hai unha concellalía da que non se pode mencionar absolutamente nada, é a de Medio Ambiente, na que o único que destaca, é a remuneración do concelleiro do PP que se atopa o frente (1.400 euros por catro horas).

Esta concellalía destaca por unha xestión nula e ineficaz: aumento dos custes do servizo de socorrismo, falta de coidados e limpeza das zonas de ocio e entorno das praias, nula xestión nos procesos de apertura da Lagoa da Frouxeira, realización de actividades de limpeza que deterioraron considerablemente o entorno da Lagoa, non solicitar ningún tipo de axuda á Consellería para zonas de especial protección.

Asemade dende esta área destaca, a carencia total de actividades de formación e ocio para a xuventude. Son de salientar os gastos de máis de 90.000 euros en festas en dous anos, promociós turísticas de pouca utilidade (viaxe a Ibiza) e rexeitamento de financiación de varios proxectos importantes para o desenvolvemento económico do Concello e para aformación da xuventude: 50 millóns de pesetas para saneamento, 86 millós para a escola de oficios procedentes do Plan Ferrol.







DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO



Entre todas ás actuacións destaca o FEIL, ou fondo Zapatero, tan criticado polo PP, pero en cambio non desestimado polo Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES), pero mal xestionado no Concello de Valdoviño.

O Goberno Socialista do Estado, destinou directamente ó noso Concello 2.000.000 de euros, sen ningún tipo de condición, máis que fosen destinados a creación ou consolidación do emprego local. Pero ¿qué sucedeu no noso Concello?. Mentres o paro subía, as obras do FEIL non supuxeron un aumento do emprego local, senon que a maior parte das obras, sobre todo as do ano 2009, foron executadas por empresas de fora de Valdoviño.

  1. ¿Por qué ó Grupo de Goberno non lle interesaba fomentar o emprego no noso Concello?

  1. ¿Por qué non se promoveu a creación de UTES de empresas locais?


Valdoviño non interesa

O Grupo Municipal Socialista presentou diferentes mocións neste ámbito, sirva coma exemplo a moción relativa a supresión de axudas da PAC para moitas das explotacións gandeiras situadas no noso Concello, presentada a instancias do sindicato Unións Agrarias, pola que se solicitaba:

1.-Instar a Consellería de Medio rural a que reconduza as bases desa convocatoria para que non se den situacións de desigualdade entre explotacións

2.-Destinar fondos adicionais para que estas explotacións.

3.- Apoiar as accións reivindicativas na defensa das explotacións.

Con posterioridade, e na labor de información contínua da Agrupación Socialista de Valdoviño entre todos os veciños e veciñas, en colaboración da Asociación Rosalía de Vilaboa ofreceuse unha charla informativa sobre a política agraria actual.




PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL



¿Qué dicir do Plan de Ordenación do Litoral (POL) da Xunta do PP?

Según o PP, é un plan feito para “ordenar” o noso litoral, que si ben é certo que non é o PXOM, sí determina claramente a elaboración déste e o condiciona no momento de definir o desenvolvemento da nosa costa.

A Xunta de Galicia remitiu en febreiro de 2010 o Avance do POL (Plan de Ordenación do Litoral), ós Concellos para a súa análise e poder así presentar alegacións dentro do procedemento legalmente establecido non seu trámite coma Plan Integrado do Territorio.

Do coñecemento da realidade do noso Concello e dunha análise do plan do litoral previo á aprobación inicial, detectamos unha serie de cuestións que se deberían corrixir para adaptar adecuadamente o plan as necesidades do municipio:

  1. Erros cartográficos detectados nos planos do POL.
  2. Incoherencias na delimitación do ámbito do POL.
  3. Delimitación de corredores ecolóxicos.
  4. Plans en tramitación.

O Grupo Municipal Socialista, instou a que se tomaran en consideracións as reflexións xerais expostas no documento de alegacións e se procedera á   corrección do modelo territorial proposto polo plan de ordenación do litoral de Galicia na súa versión previa á aprobación inicial. En certo senso, moitas das alegacións do Grupo Municipal Socialista, sí foron aceptadas, disminuíndo a afectación do POL sobre o territorio do Concello de Valdoviño.

A lei 9/2002 establece, no seu artigo 45º, que os plans de ordenación urbanística, estarán xerárquicamente vinculados ós instrumentos de ordenación do territorio, debendo redactarse os primeiros en coherencia coas determinacións dos segundos. É deste precepto do que se desprende que os plans urbanísticos municipais que se formulen ou revisen con posterioridade á aprobación do POL se deberán adaptar ó contido deste.

O Grupo Municipal Socialista de Valdoviño, presentou unha moción, na que se solicitaba que se informara a todos os veciños e veciñas do Concello, e se creara unha comisión de seguimento municipal, pero o Grupo de Goberno, únicamente aprobaría a moción si se retiraba a petición de información pública e se facía unha exposición única na Casa de Cultura.

Ante a desidia do Grupo de Goberno o grupo municipal socialista expón o documento no local da Asociación de Veciños de Pantín para que os veciños tiveran información do mesmo, e presentou unha serie de alegacións no Concello para ser remitidas á Xunta.

Alegacións que formaban parte dun traballo conxunto do PSdG-PSOE a nivel galego e que serviu para reducir en gran parte o impacto do POL no nosos Concello.

En xullo, a Xunta de Galicia do PP, aprobou inicialmente o POL, nese documento continúa a incidencia negativa do mesmo en diversos ámbitos do noso Concello.

O Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES) invita á Casa de Cultura ó responsable da Xunta do POL quen da a información sesgada e interesada do mesmo, sinala as “bondades” do texto, ocultando, ou ben non contestando, ás preguntas que o PSdG-PSOE lle realza sobre a incidencia e os problemas do memso no noso Concello.
A partir dese intre, dende o Grupo de Goberno información ós veciños...0.

Ante esta actitude, o grupo municipal socialista organizou, en colaboración coas asociacións de veciños das parroquias afectadas, unha serie de charlas informativas parroquia por parroquia, achegando ós veciños e veciñas a incidencia do POL no Concello, e facilitando un modelo de alegacións, e presentando coma Grupo Municipal Socialista novas alegacións:

  1. Se proceda a exclusión do núcleo rural definido no planeamento en vigor da aplicación do POL.
  2. No documento do plan do litoral se deberán eliminar as áreas de protección previstas sobre solo urbano consolidado e solo de núcleo rural.
  3. Que as edificacións e instalacións existentes non queden fora de ordenación.
  4. Que o ámbito de mellora ambiental e paisaxística non se defina nos ámbitos de potencial expansión e crecemento dos núcleos rurais.
  5. Que os ámbitos de potencial expansión dos núcleos rurais e solos urbanos sexan considerados coma ámbitos de ordenación, sin que a súa expansión e crecemento supoña un feito excepcional.
  6. Que de forma expresa nas áreas de recualificación se exclúa os solos de núcleo rural e solo urbano.
  7. Que nas zonas de núcleo rural e solo urbano, con algún tipo de límite ou cautela de protección establecidas pola lexislación sectorial, non se sume a incidencia da aplicación de novas restriccións xeradas polo POL.
  8. Que os corredores sexan definidos tendo en conta a posibilidade de expansión dos solos de núcleos rurais e solos urbanos consolidados.
  9. Que en relación ós cauces a protección costeira se limite, nás posibles áreas de expansión non incorporadas, a áreas de especial protección, ó ámbito da protección dos cauces existente na legislación sectorial.
  10. Que se corrixan ós topónimos e emplazamento dos lugares e núcleos orixinarios da do Concello.
  11. Dada a transcendencia, importancia e necesidade do plan de ordenación do litoral, non debería aprobarse este sen antes corrixir as deficiencias que no mesmo.
  12. Que se tomen en consideracións as reflexións xerais.
  13. Que se teña en conta e estude a repercusión económica sobre ós propietarios.
  14. Que se amplíe o prazo de exposición pública.
  15. Que se pospoña a aprobación inicial do POL, en tanto en canto non se modifiquen todas as cuestións aquí plantexadas.

            Ó Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDE), nin está nin se lle espera




URBANISMO



Terra Galega (TEGA) afirmaba que en seis meses tería redactado o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM,) e desa forma poderían facilitar a concesión de licenzas có obxecto de ter máis recursos.

A realidade é, que a día de hoxe, non hai Plan, e a mala xestión xenera unha profunda parálise na concesión dos permisos, e a tan traída “experiencia” no sector da construcción nos leva a ningunha parte.

A idea de TEGA, e por extensión do Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES) enmárcase nunha concepción do urbanismo pechada e con escasa ou nula visión do seu significado real.

O fin do urbanismo NON é a simple concesión de licenzas, con afán recadaudatorio, visión simplista que non pensa no territorio coma algo global.

O urbanismo vai moito mais alá, é o marco onde temos que encadrar o noso futuro coma Concello, un cadro, o término municipal, no que se teñen que dibuxar todos os elementos que o conforman, e que permitirán xestionar as necesidades dos veciños e veciñas do noso Concello.

Non é só pensar onde ubicar novas “urbanizacións”, coma pensa o Grupo de Goberno Municipal (TEGA, PP e INDEPENDENTES), senón que o PXOM é o instrumento do que dispón o Concello para concretar por onde poden crecer os nosos núcleos de sempre, para que os fillos podan vivir a carón dos pais e de seus avóss, posibilitando a creación ou ampliación dos centros sociais, sanitarios, culturais ou educativos, ademáis de pensar e definir as infraestruturas (estradas, auga, saneamento, redes de telecomunicacións, etc.), o que permitirá un espazo, un Concello con calidade de vida e futuro.

Tamén no PXOM debemos definir e facilitar o espazo necesario para crecer económicamente. A industria, o comercio, o turismo ou o desenvolvemento do noso sector primario, teñen neste instrumento cabida, ó igual que os espazos destinados a formar profesionalmente a nosa xuventude para que poidan abordar un futuro mellor.

Ó Grupo de Goberno Municipal (TEGA, PP e INDEPENDENTES) decidiui non continuar coa subvención, xa concedida, polo Plan Ferrol para a creación dun Centro de Formación, a desenrolar coa Asociación de Veciños de Valdoviño.

Non é de recibo, que o propio conncelleiro de urbanismo, amosase, públicamante na Casa da Cultura, as súas dúbidas, sobre a solicitude da subvención, que a iniciativa da Xunta de Galicia, presidida por Emilio Pérez Touriño, facilitaba ós Concellos para a elaboración do PXOM.

Ditas dúbidas traducídornse nunha lenta e oscura tramitación do PXOM, oscurantismo que continúa a día de hoxe.

Á solicitude do Grupo de Goberno, prácticamante no último minuto, respostou positivamante o Goberno de Emilio Pérez Touriño, coa concesión de 150.000 euros para a elaboración do documento en novembro de 2007.
Un erro do Grupo de Goberno Municipal, na presentación da documentación relativa ó PXOM, non permitiu que a CPTOPT concedese definitivamante os cartos ata principios de 2008.

Os cartos chegaron gracias á xestión do Goberno Socialista de Emilio Pérez Touriño

O Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES), non saca á contratación o documento ata case un ano despois, primaveira do 2009.

O Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES), contrata, por máis de 40.000 euros, a redacción dun estudo de delimitación dos Núcleos Rurais a outra empresa. Estudo que formará parte do propio PXOM, e que debería facer a empresa contratada para a redacción do PXOM.

O Grupo Municipal Socialista insta a crear unha comisión de seguemento da elaboración do documento, solicitude que é aprobada, pero que por falta de transparencia do Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES), non se reune.

Esta parálise e a falla de actitude e aptitude, levan ó Concello ó retraso na elaboración do documento urbanístico que permite dotar ó Concello dunha área indiustrial no Polígono das Boeiras. Iso sí, TEGA mira polos intereses de Narón, apoiando as “ideas”, que, teñen os diferentes alcaldes de Narón, ignorando, novamente, os intereses dos veciños e veciñas do noso Concello.

O sábado 23 de xaneiro de 2010, na Voz de Galicia, o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Valdoviño (TEGA), asina unha carta na que anuncia e saúda a chegada de novos tempos, coa aprobación do POL, que van a supor a panacea para a costa galega, e polo tanto, para Valdoviño. Determina que o ano 2010 abre unha nova época de desenvolvemento edificatorio no noso litoral.

Posiblemente, a inactividade edificatoria no noso Concello, terá que ver coa parálise do Equipo de Goberno Municipal (TEGA, PP e INDEPENDENTES), na súa xestión urbanística:

  1. Retraso na solicitude da axuda para a redacción do novo PXOM.
  2. Retraso na licitación do anterior documento.
  3. Abandono do documento urbanístico que posibilitaría a execución do Polígono Industrial das Boeiras.
  4. Paralización de decenas de expedientes de licenzas.

É por toda esta inacción, que o Grupo Municipal Socialista levou a cabo diferentes iniciativas no ámbito urbanístico do Concello de Valdoviño, xa que a situación ao longo destos tres anos foi a de nula xestión urbanística, cun retraso de tramitación de licencias de máis de dous anos e máis dun ano de demora na contratación da redacción do PXOM, e nula xestión económica, coa contratación de custosos informes técnico-xurídicos.



Mocións no ámbito urbanístico



As diferentes MOCIÓNS presentadas no Pleno, abarcan diferentes necesidades do Concello de Valdoviño, e versan sobre diferentes cuestións:

·         MOCIÓN LEGALIDADE URBANíSTICA: Axilización na tramitación urbanística.

·         MOCIÓN PXOM: Publicación das bases para a adxudicación dos traballos de redación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Valdoviño, presentada o 21 de abril de 2008.

·         MOCIÓN NORMAS DO HÁBITAT GALEGO: Esta Moción pretendía modificar determinados aspectos do Decreto, que incidían na Autonomía Municipal e nas competencias Locais.

·         MOCIÓN SOBRE A PARALIZACIÓN E AUTORIZACIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS: Que se acometan de contado, reunións de traballo para a elaboración dunha estratexia de acción inmediata que posibilite a tramitación das solicitudes de Licencia de Obra Maior e Parcelacións paralizadas.

En resumo, a ineptitude á hora de levar o timón do Concello é patente en múltiples ámbitos. O desenrolo e o progreso dun pobo non se mide polos metros cadrados de solo residencial executados, sinon pola consecución dun Concello inspirado na consecucións de fines tales como a igualdade ou a solidariedade.

A pregunta que o Grupo Municipal Socialista plantexa, é, ¿É este o modelo de desenvolvemento que contiñan as promesas electorais do Grupo de Goberno (TEGA, PP e INDEPENDENTES), os que, nuns meses iban a solucionar os problemas do Concello?.



INVERSIÓNS


A maior parte da inversión realizada polo Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES), durante estos anos está enterrada, xa que falamos dunha inversión de casi 1 millón de euros en obras de saneamento e abastecemento, obras que si ben, son importantes e necesarias para todos os veciños e veciñas do noso Concello, non semellan que foran realizas en base a un proxecto coherente, de desenrolo e finalista, senón que son froito dos “impulsos” do Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES).

Ademáis, que o que máis lle interesa o Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES), é a subida das diferentes tasas que afectan á prestación de servicios.

O Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES) destinou parte dos investimentos do FEIL en obras de escasa magnitude, esquecendo as actuacións xa comprometidas con anterioridade en Vilarrube, Sequeiro ou Pantín.

O Grupo Municipal Socialista está a favor das políticas de mellora das infraestructuras e das obras de saneamento e abastecemento, pero éstas, deben partir dun proxecto municipal coherente, de desenrolo e finalista; que establezca prioridades de actuación e que dote ó Concello dunha rede de saneamento e abastecemento eficaz e útil, tal e como se fiño durante o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, no que se realizaron inversións como a mellora e ampliación dos depósitos do Cameleiro e a instalación da planta de preionización.

É necesario recordar que os concelleiros do PP, votaron en contra da instalación do saneamento e abastecemento necesaria para a implantación do Polígono Industrial das Boeiras, ó rexeitar as condicións económicas para acollerse a unha  subvención de máis de 500.000 euros provintes do Plan Ferrol, concedida polo Goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero


.
CENTRO DE SAUDE



Durante o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, a área sanitaria de Ferrol definiu un proxecto para mellorar as intalacións do centro de saúde.

Dito proxecto contemplaba a ampliación do primeiro andar para conseguir dous consultas máis que permitiran a prestación de novos servicios sanitarios, e a adecuación das instalacións ás necesidades dos usuarios e usuarias de dito centro.

O Grupo Municipal Socialista trasladou ao Grupo de Goberno as necesidades e carencias do Centro de Saúde do Concello.

O Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES) non foi capaz de dar solución ós problemas xurdidos no centro de saúde, tales coma a instalción dun   xerador de electricidade, que garantira o funcionamento regular do centro nos días posteriores ó paso do temporal “Klaus”, sendo a súa primeira actuación, a instalación de dito xerador na Casa do Concello.

Porén, o Grupo Municipal Socialista, presentou unha moción para adquisición  dun xerador no centro de saúde, moción, que si ben foi aprobada por todos os grupos, como moitas outras foi imcumplida polo Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES).

Asemade, a Agrupación Socialista de Valdoviño, presentou, a través do Grupo Parlamentario do PSDG, enmendas ós orzamentos da Xunta de Galicia, para que se executase o proxecto de mellora do centro de saúde , enmenda que foi destimada no ano 2010.

Froito do pacto local asinado por Emilio Pérez Touriño coa FEGAMP , a Xunta de Galicia, faríase cargo dos gastos correntes dos centros de saúde. Ate o día de hoxe, este acordo sigue sin cumplirse por parte da Xunta de Galicia.

A través do FEIL 2009, O Grupo Municipal Socialista, instou ó Pleno a realizar melloras no centro de saúde, moción ignorada polo Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES). Pedíase dotar ó centro de saúde dun maior número de espacios destinados a consultas para implantar máis servizos sanitarios, como por exemplo: servizo de odontoloxía, ampliación dos servicios da matrona.

É evidente que a lexislatura do Partido Popular e o Grupo de Goberno de Valdoviño (TEGA, PP, INDEPENDENTES), están a causar, conxuntamente, unha merma irreversible nos servicios da asistencia sanitaria en Valdoviño, xa que non se cubren as baixas médicas dos facultativos, o que supón unha reducción da calidade da asistencia para todos os usuarios e usuarias.



SERVIZOS PÚBLICOS


O Grupo Municipal Socialista pretende a continua mellora do Concello de Valdoviño, a través dos recursos existentes, e cree que é unha prioridade a inversión en servicios para todas as parroquias, que melloren e fagan máis fácil a vida de todos os veciños e veciñas do noso Concello.



MOCIÓNS



As diferentes MOCIÓNS presentadas no Pleno, pretenden mellorar as innstalacións xa existentes, e lograr así unha mellora na prestación de servicios.

Moción sistema eléctrico

Ante as deficiencias nas instalacións e no subministro eléctrico, que sufre o Concello de Valdoviño, instouse á Consellería de Innovación e Industria para que tome as medidas necesarias para o correcto subministro de enerxía eléctrica no Concello de Valdoviño.

Moción fosas septicas

Para poder cubrir as necesidades do Concello instouse ó Grupo de Goberno de Valdoviño (TEGA, PP, INDEPENDENTES) para que habilitaran tres puntos de vaciado de fosas sépticas nas seguintes zonas,ademáis a habilitación debería ir acompañada dunha cámara de descarga.

Moción para a confección de proxectos de saneamento-abastecemento en distintas zonas do concello de valdoviño

·         Dende o noso Grupo se pretende estudar e confeccionar proxectos de saneamento de determinadas zonas, sin perxuizo doutras que poidan engadirse, dirixíndose á Consellería de Medio Ambiente e á Deputación Provincial solicitando financiamento para levar a cabo estas obras.
Moción transporte metropolitano

Este Grupo tamén instou a adhesión inmediata e firma do Convenio regulador do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia presentado pola Conselleria de Política Territorial da anterior lexislatura do Partido Socialista.

Rogo ADSL

Esixir a Telefónica a instalación dos mecanismos necesarios para ou correcto funcionamento da liña ADSL.
Moción temporais

  1. Avaliar de xeito inmediato os danos provocados polos temporais do inverno 2009/2010.

  1. Restablecer todos os servicios públicos que se poidan haber deteriorado co temporal a través de actuacións de emerxencia nos distintos concellos afectados.



PREGUNTAS SOBRE A LIMPEZA DE FINCAS



Nos momentos de finalización da tempada estival, este grupo entende que é importante facer balance da actuación realizada polo Concello en relación aos incendios acontecidos, e avaliar o resultado das políticas de prevención levadas a cabo polo Grupo de Goberno. Porén o Grupo Municipal Socialista solicita  información sobre a limpeza de fincas de particulares, que de momento non foi facilitada a este Grupo.
























FEIL 2009 – FEIL 2010

As actuacións máis importantes e necesarias para o noso Concello, dende o ano 2008, ate o 2010, foron as que o Goberno de José Luis Rodriguez Zapatero e o Goberno de Emilio Pérez Touriño, aprobaron para crear emprego e dinamizar a economía dos municipios.

O Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, aprobou sucesivamente, no ano 2008 e 2009, dous plans de inversión local, que pretendían fomentar o emprego e dinamizar a economía do eido local. Ditos plans tiveron éxitos relativos, xa que dependían da eficacia dos gobernos locais.



FEIL 2009



O 28 de novembro de 2008 aprobábase o Real Decreto-Lei 9/2008, polo que se creaban o Fondo Estatal de Investimento Local e o Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego.

Este RD supuxo unha aposta decidida pola autonomía municipal e a capacidade dos Concellos para crear emprego e dinamizar a súa economía.

A inversión destinada o Concello de Valdoviño ascendía a un total de 1.235.000 euros. Podíanse financiar proxectos orientados á mellora das dotacións municipais e infraestruturas, tanto produtivas como de utilidade social.

Era unha oportunidade de satisfacer necesidades dos nosos cidadáns, e é por iso que este grupo decidiu invitar a todas as asociacións do noso Concello para presentar no Pleno de Concello as seguintes propostas de actuación, logo de reunirse coas asociacións do Concello, en representación dos nosos veciños:

1 Obras de saneamento e abastecemento:

  1. Mellora da capacidade de depuración do depósito central de O Cameleiro.
  2. Implantación, mellora e ampliación de abastecemento e saneamento.
  3. Instalación de minidepuradoras de ciclo biolóxico nos pequenos núcleos do ámbito rural.

2 CPI de Atios:

  • Mellora e acondicionamento das instalacións.

3 Centro de Saúde:

  • Execución das obras necesarias no Centro de Saúde para dotar a éste dun maior número de espacios destinados a consultas para implantar máis servizos sanitarios, como por exemplo: servizo de odontoloxía, ampliación dos servicios da matrona.

4 Casa da Cultura:

  1. Adecuación das instalacións, como poden ser os camerinos ou acondicionar accesos para as persoas con discapacidade.
  2. Estudiar o peche de determinados espazos do edificio para mellor aproveitamento das zonas dispoñibles.

5 Proxectos orientados á mellora das dotacións municipais e infraestruturas:

  1. Integración do edificio da Cámara Agraria no entorno da Casa Consistorial.
  2. Instalación de novos parques infantís e mantemento dos xa existentes, así coma a habilitación de zonas para nenos de 10 a 14 anos e instalación de equipamentos ximnásticos de aire libre para maiores.
  3. Cuberta da piscina de Lago e climatización.
  4. Crear unha ruta de senderismo circular no entorno da Lagoa.
  5. Limpeza e mantemento da rede viaria do Concello de Valdoviño, así como unha adecuada conservación dos elementos de seguridade vial.
  6. Intentar dotar as parroqias de equipamentos adecuados, para que as asociacións en particular, e os veciños en xeral, podan realizar as súas actividades sociais, culturais e deportivas.

A moción non foi aprobada polo grupo de goberno (TEGA, PP, Independientes) e sen contar có consenso e coa iniciativa veciñal, logo de criticar en Pleno que o Grupo Socialista se reunira coas asociacións veciñais, eles aproban unha serie de obras, que ao noso entender son obras que se poden derivar do orzamento do Concello, e polo tanto non responden a gran inversión e mellora que se podía realizar no Concello.

OBRAS APROBADAS POLO CONCELLO DE VALDOVIÑO PERTENCENTES O FEIL 2009:

  1. Saneamento cruce Aviño: 14.488,48 euros. Adxudicatario. Excavaciones Sabín.
  2. Abastecemento de auga lugar Canto do Muro: 16.236,94 euros Adxudicatario. Excavaciones Sabín.
  3. Entroque colector de saneamento San Bartolo- estación de bombeo Mosende: 52.295,58 euros. Adxudicatario Excavaciones y transportes Saavedra y Lopez. SL
  4. Reforma da casa do Concello: 75.379.33 euros. Adxudicatario FIMPIR SL.
  5. Reparacións varias no colexio de Atios: 89.956,84 euros. Adxudicatario San Martín SA Construcciones.
  6. Saneamamento Outeiro: 58.386,06 euros. Adxudicatario Artabra Verde SL.
  7. Saneamento e abastecemento da carretera da Igrexa na Cubeta: 107.694,98 euros. Adxudicatario Geprody, Gestión integral.
  8. Saneamento cruce Canducha carretera Pallota e Camiño Rañoa Suárez por Gándara a Manguelas: 214.904 euros. Adxudicatario Geprody Gestión integral.
  9. Urbanización carretera da praia de Lago. 314.724,72 euros. Adxudicatario Sermanglo SL.
  10. Abastecemento de auga Meitufe-Graño. 290.707,44 euros. Adxudicatario Pascual Martinez SL.

TOTAL: 1.015.510,37 EUROS




FEIL 2010



O Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de Outubro, aprobaba o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local. Os máis de 8.000 Concellos españois poderían pedir axudas para promover a iniciativa emprendedora e a innovación. A inversión no Concello de Valdoviño ascendía a máis e 700.000 euros.

O Executivo de Rodríguez Zapatero financiaría, igualmente, as obras destinadas a mellorar o acceso ás redes e infraestruturas das tecnoloxías da información e das telecomunicacións.

Outra das principais novidades era o financiamento dos gastos correntes que ocasionara a prestación dos servizos sociais de competencia municipal, principalmente en educación e atención ás persoas en situación de dependencia. A este fin, as corporacións locais poderían destinar ata un 15% do importe do novo Fondo.

Os proxectos que se podían financiar con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local englobaranse nas seguintes liñas:

  1. Sostibilidade económica: parques empresariais, científicos e tecnolóxicos.
  2. Sostibilidade ambiental: aforro e eficiencia enerxética e de recursos hídricos; accesibilidade e uso de enerxías renovables; mobilidade urbana sostible; reforzo de medios de transporte menos contaminantes.
  3. Sostibilidade social: centros de servizos sociais, sanitarios, culturais e deportivos.

Esta era unha nova oportunidade de inversión para o Concello de Valdoviño, polo que este grupo reuniuse de novo coas asociacións do noso Concello, para presentar no Pleno propostas de actuación, que os veciños e veciñas estimaban oportunas, e que se reflexaron na moción presentada.

OBRAS APROBADAS POLO CONCELLO DE VALDOVIÑO PERTENCENTES O FEIL 2010

  • Reforma da biblioteca e cuberta da Casa de Cultura: 52.246.84 Euros. Adxudicatario: Gescon SL.
  • Reforma da Casa do Concello: 121.095,49 Euros. Adxudicatario: Fimpir SL.
  • Saneamamento Porto do Cabo: 155.108,55 Euros. Adxudicatario: Motriz Estructuras SL.
  • Instalación Rede inalámbrica de acceso a internet: 166.681,13 Eeuros, Adxudicatario: Javier Mouriño, (Intermax).
  • Ampliación Mercado Municipal para almacén de usos múltiples. 92.276,32 Euros. Adxudicatario: Gescon SL.
  • Instalación de calefacción no Centro de Saúde. 18.187,18 Euros. Adxudicatario: Salvador y Mesia SL.

TOTAL: 605.595,51 EUROS





XESTION DEPORTIVA



O Grupo Municipal Socialista intenta manterse informado de todas as demandas veciñais e de diferentes colectivos, e é por iso que mantén diferentes reunións con veciños e veciñas, asociacións veciñais,culturais e deportivas e celebra determinados actos relacionados co ambito cultural.

Unha das carencias máis importantes do noso Concello, está na área de deportes, área que carece de planificación e xestión con ausencia total de actividades, e nula xestión dos recursos propios do Concello.

O FEIL 2009-2010 facilitaba os Gobernos Locais para a mellora na xestión e adecuación dos centros deportivos, fomentando a realización de actividades. A través de este fondo podíanse financiar proxectos orientados á mellora das dotacións municipais e infraestruturas, tanto produtivas como de utilidade social, impulsando así a recuperación económica e a creación de emprego. Así, este Grupo pretendía, unha vez escoitados os veciños:

·         Instalación de novos parques infantís e mantemento dos xa existentes, así coma a habilitación de zonas para nenos de 10 a 14 anos e instalación de equipamentos ximnásticos de aire libre para maiores.
·         Cuberta da piscina de Lago e climatización.
·         Crear unha ruta de senderismo circular no entorno da Lagoa.
·         Intentar dotar as parroquias de equipamentos adecuados, para que as asociacións en particular, e os veciños en xeral, podan realizar as súas actividades sociais, culturais e deportivas.

Novamente, no ano 2010, puidéronse financiar proxectos con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, que englobaran o seguinte: Sostibilidade social: centros de servizos sociais, sanitarios, culturais e deportivos; gasto corrente destinado a servizos sociais, principalmente educación e atención a persoas en situación de dependencia.

A Agrupación Municipal Socialista pretende crear unha área de deportes dotada dun sistema de xestión propio, basado nas novas tecnoloxías e no respeto ó Madio Ambiente.
O Concello ten que estar dotado dun sistema de xestión que permita organizar e xestionar as instalacións e actividades deportivas, realizando todo tipo de reservas, inscripcións, solicitudes e suxerencias, o que permite obter un grado de satisfacción dos seús usuarios e usuarias, e saber así que actividades teñen más acollida entre os nosos veciños e veciñas.

O propio Concello de Valdoviño ofrece unha serie de recursos naturais inmellorables, que facilitan o disfrute das actividades ó aire libre, actividades que dinamizarían a economía e o desenvolvemnento turístico.

O coñecemento exhaustivo das subvencións dispoñibles de outras Intitucións Públicas, xunto coa iniciativa e a xestión propia, son fundamentais para realizar un sin fin de actividades tales coma:

  1. - Dotación de medios (Construcción de instalacións deportivas, dotación de medios ás instalacións existentes etc).
  2. - Realización de actividades puntuais (Torneos, días do deporte, competicións deportivas etc).
  3. - Realización de actividades constantes (Escolas deportivas municipais: surf, futbol, vela, etc.).
  4. - Organización de xornadas de Deporte solidario.
  5. - Charlas que permitan coñecer o espíritu de sacrificio que implica o deporte.
  6. - Becas para deportistas do Concello.
  7. - Semana blanca: organizar cursos de esqui y snowboard.
  8. - Construcción dun parque para que os maiores practiquen deporte. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista presentou unha Moción na que se tomaran medidas orientadas á 3ª idade. Moción sobre parques saudables para adecuar as instalacións xa existentes e instalar outras novas con aparellos de ximnasia ao aire libre para adultos.
  9. - Celebración dunha semana do deporte, donde agrupar unha serie de actividades entorno ós deportes máis practicados no Concello, facendo coincidir en días sucesivos a celebración de distintos torneos de diferentes disciplinas
  10. Celebración de actividades relacionadas coa estación do ano: Primaveira, Verán, Nadal, Outono, e realizar así xornadas naúticas, de senderismo etc.

A diversificación das actividades deportivas é moi importante. A iniciativa das distintas asociacións deportivas e culturais do Concello, ANPA, ou a iniciativa empresarial particular, están a fomentar a práctica do deporte, suplindo en todo momento a inactividade do Grupo de Goberno actual (TEGA, PP e INDEPENDENTES), lanificando así actividades paro os nenos e nenas do Concello, os novos e os maiores.



PRENSA


Ante a falta de transparencia e información do Grupo de Goberno (TEGA, PP  Independentes), a Agrupación Socialista de Valdoviño intenta facer chegar aos nosos veciños e veciñas o que sucede no seu Concello, ademáis das propostas e actuacións políticas levadas a cabo polo noso Grupo dende a oposición, a través de notas de prensa, Hai que ter en conta que os plenos do Concello de Valdoviño, se celebran os luns ás dez da mañá por imposición do Grupo de Goberno (TEGA, PP Independentes). O primeiro periodo da lexislatura xirou en torno a ineficacia, e continua na actualidade, xa que o Concello ten unha débeda actual de 2.000.000 euros.

NOTAS DE PRENSA MÁIS DESTACADAS:

·         (Outubro 2009). Pregunta parlamentaria sobre a problemática do recorte do servicio de comedor e profesorado de apoio no CPI de Atios, problemática orixinada polo Goberno de Feijoo. Ademáis de pedir a non supresión da gratuidade dos libros de texto.

·         (Xuño 2009). Rexeitamento á aprobación do Orzamento 2009 que contaba con bastantes disconformidades por parte da intervención municipal, debodo ó incumprimento da estabilidade orzamentaria.

O orzamento adicou máis do 45% do mesmo a gastos correntes, no que a inversión non alcanzou o 25%, sendo a maior parte destes capítulos os achegados polo Goberno Socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

O Grupo de Goberno (TEGA, PP Independentes) aprobou o recoñecemento de dedicación parcial a un cargo electo do Goberno pertencente o Partido Popular de 4 horas diarias e cunha retribución bruta/mensual de 1.400 euros.

No Pleno presentouse o avance da liquidación do primeiro semestre do 2008. Esta liquidación presentou un déficit de 700.000 euros aprox. A última liquidación da anterior lexislatura arroxou un saldo positivo.

·         (Xullo 2009). Critica á falta de negociación cos traballadores do Concello. De Valdoviño.

Un dos obxetivos do grupo municipal socialista de Valdoviño é o correcto funcionamento do Concello en todos os seus ámbitos, respetando sempre a legalidade establecida. A idea dun Concello aberto a todos pasa por manter un diálogo constante con traballadores e veciños, feito que non se da no noso concello, debido a o oscurantismo e falta de información do grupo de goberno.

·         (Xullo 2009). Situación na que se atopa a área de Urbanismo, criticando o retraso na contratación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a paralización na área de urbanismo do noso concello.

·         (Outubro 2009). Enmendas aos orzamentos da Xunta 2010. Nestes orzamentos refléxase o total esquecemento por parte do goberno do PP do Concello de Valdoviño , xa que non aparecen proxectos novos que non sexan actuacións iniciadas polo goberno de Emilio Pérez Touriño nin recollen ningunha das actuacións comprometidas polo goberno anterior.

·         (Xullo 2010). Facturas pendentes de pago por parte do Grupo de Goberno (TEGA, PP, Independentes) que ascende a 2.000.000 millóns de euros aproximadamente.

Unha vez máis, este Grupo quedou perplexo ante ás declaracións da Alcaldesa, Isabel Álvarez, xa que a obrigación de pagamento do Concello de Valdoviño cuantifícase sobre a base de facturas reflexadas no “Informe de Intervención”, de 2010. Concretamente a débeda do ano 2009-2008-2007 ascende a 1.317.617,93 euros e o débito do 2006, é de 65.610,25 euros. A obrigación de pagamento restante corresponde á reclamación de diversas débedas dende o ano 1999, algunhas das cales están en vía xudicial.

·         (Agosto 2010). Nota sobre a moción do proxecto de mellora da AC-566 Narón-Valdoviño

O Grupo Parlamentario Socialista, a instancias dá Agrupación Socialista de Valdoviño, solicitou a inclusión do tramo Valdoviño - Cedeira nos orzamentos dá Comunidade Autónoma para o ano 2010, sendo isto rexeitado polo Partido Popular e goberno actual Xunta de Galicia.

Neste ano o goberno do PP inicia a exposición pública do tramo Narón – Valdoviño ante o que o Grupo Municipal do PSdG-PSOE presenta unha moción no pleno do Concello para a mellora da estrada.

·         (Outubro2010). Problemática do comedor e o transporte no CPI de Atios.

Grupo Municipal Socialista propúxolle ó Grupo de Goberno que instara á Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria a tomar as medidas necesarias, para que o servicio de comedor escolar do CPI de Atios funcionara correctamente, e permita o cambio de clasificación, para que se incremente o número de comensais usuarios do servizo de comedor.

O Grupo de Goberno, (TEGA, PP e Independentes), votou en contra da moción, xa que consideraban suficiente a adhesión, á solicitude da ANPA, perante da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, na que se solicita un cambio de clasificación do comedor escolar do CPI de Atios.

Ademáis presentamos, por vía ordinaria, dúas mocións en referencia ó transporte escolar e o mantemento do parque infantil. A primeira foi votada en contra, e a segunda prosperou coa abstención te TEGA.





ACTIVIDADES DO PSdG-PSOE NO NOSO CONCELLO



A Agrupación Municipal Socialista, ven realizando unha serie de charlas informativas e de asesoramento, relacionadas con diferentes temas que afectan a todos os veciños e veciñas do noso Concello.

En traballo conxunto coas asociacións veciñais, culturais, deportivas e educativas, ofrecemos información sobre temas de actualidade e buscamos solucións ós diferentes problemas que poden xurdir en relación coa Administración.  Isto conséguese mediante a celebración de reuniós, charlas ou actos culturais.

Durante a tramitación do Plan de Ordenación do Litoral, o Grupo Municipal Socialista de Valdoviño, presentou unha moción, na que se solicitaba que se informara a todos os veciños e veciñas do Concello.

Ante a desidia do Grupo de Goberno, o Grupo Municipal Socialista expón o documento no local da Asociación de Veciños de Pantín para que os veciños tiveran información do mesmo, e presenta unha serie de alegacións no Concello para ser remitidas á Xunta.

En colaboración coas asociacións de veciños e veciñas das parroquias afectadas, e ante a nula información por parte do Grupo de Goberno (TEGA, PP, INDEPENDENTES), a Agrupación Municipal Socialista, organiza, unha serie de charlas informativas achegando a incidencia do POL no Concello, e facilitando un modelo de alegacións, ademáis de presentar, coma Grupo Municipal, novas alegacións ó documento.

A Agrupación Municipal Socialista, trasladou tamén, ó Grupo de Goberno, a petición da Asociación de Veciños de Pantín, de cambio de mesa electoral, cambio que foi concedido, e que supoñía unha maior participación veciñal nas diferentes citas electorais.

En Sequeiro, dado o aumento do número de alumnos do CRA, e ante a  necesidade da separación dos que cursan infantil e ciclo de primaria, era necesaria a realización dunha serie de obras de adecuación do centro. É por iso que solicitamos ó Delegado de Educación a execución das actuacións necesarias para acondicionar o local á nova situación.

A través do FEIL 2009-2010, o Goberno Socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, aprobou, dous plans de inversión local, que pretendían fomentar o emprego e dinamizar a economía do eido local. Ditos plans tiveron éxitos relativos, xa que dependían da eficacia dos gobernos locais.

A inversión destinada o Concello de Valdoviño ascendía a un total de 1.235.000 euros. A través de este fondo podíanse financiar proxectos orientados á mellora das dotacións municipais e infraestruturas, tanto produtivas como de utilidade social, impulsando así a recuperación económica e a creación de emprego.
Este grupo presentou no Pleno de Concello as propostas de actuación, logo de reunirse coas asociacións do Concello, en representación dos nosos veciños e veciñas.

Os problemas xurdidos no ámbito educativo no Goberno de Núñez Feijo, levaron a Agrupación Municipal Socialista, a reunirse novamente, coa comunidade educativa, reclamando así os avances conseguidos durante o Goberno Socialista de Emilio Pérez Touriño.
Instamos á Xunta do PP a eliminar, a través de diversas mocións, os recortes que o do Goberno do Partido Popular estaba a aplicar no servicio do transporte, no servicio de comedor escolar, e por suposto, loitamos contra a supresión da gratuidade dos libros de texto.

Convocamos ós nosos veciños e veciñas a unha reunión na Casa da Cultura para explicar as melloras da estrada de Cedeira. Foi o propio Delegado da Consellería,e ademáis Secretario Xeral do Partido Socialista en Valdoviño, Alberto González, o responsable de dar esta información ós veciños e veciñas do Concello.

En Lago e Vilaboa, o Grupo Municipal Socialista contou coa presenza dunha avogada especialista en Sucesións e Donacións, Emma González Álvarez, para explicar a situación actual deste ámbito do dereito, tan descoñecido en moitas ocasións e tan útil e necesario na vida cotiá. Tamén en Vilaboa, en colaboración có Sindicato Uniós Agrarias, informamos sobre ás medidas agrarias levadas a cabo polo Goberno do PP.

Atendemos tamén ás demandas sociais e culturais. É por iso que realizamos diferentes actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora, ou presentamos tamén o documental O Segredo da Frouxeira, documental, que conseguiu facer aflorar na sala unha sensibilidade especial durante a súa proxección.

A Agrupación Municipal Socialista, ven realizando unha serie de charlas informativas e de asesoramento, en relación a diferentes temas que nos afectan a todos e todas. Neste tipo de actos, os nosos veciños e veciñas nos trasladan as súas preocupacións e inquedanzas, xa que entendemos que o Grupo de Goberno actual (TEGA, PP e INDEPENDENTES) non é capaz de satisfacer as demandas de información dos veciños e veciñas do Concello de Valdoviño.

O benestar dos veciños e veciñas do Concello de Valdoviño, debe inspirar a todos os Gobernos que xestionen os intereses do noso Concello.

A Agrupación Municipal Socialista de Valdoviño pretende un Concello para todos e todas. Un pobo para as familias, para os maiores, para os novos e para os nenos. En definitiva, un lugar para vivir e traballar, no que as ideas inspiradas na igualdade, solidariedade e na participación cidadá, sexan o motor e as protagonistas do cambio.

O desenvolvemento da vida democrática potencia ás relacións sociais, e ambas  contribúen a desenvolver unha nova dimensión da cidadanía e da liberdade persoal.

Os mecanismos que fomenten a participación da cidadanía na toma de decisións dos gobernos son absolutamente imprescindibles. Por unha banda, melloran as decisións e a propia xestión e por outra, fornecen a sociedade civil do país.

Para iso, é necesaria a proximidade entre a clase política e os cidadáns, sendo básica a existencia dun concello dialogante, aberto e eficaz, que promova a colaboración coas asociacións veciñais, culturais e deportivas, é sexa receptivo ás súas propostas.





DIRECCION CORREO DA  AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE VALDOVIÑO
psdg.psoe.valdovino@gmail.com
PAXINA WEB
SOCIALISTAS DE VALDOVIÑO
REDE SOCIAL FACEBOOK
AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE VALDOVIÑO
PODEDES MANDARNOS SUXERENCIAS O CORREO ARRIBA CITADO